Se acabas de comprar ou alugar unha vivenda, ou de instalar o gas natural no teu fogar, ofrecémosche toda a información práctica para que poidas resolver as dúbidas máis frecuentes sobre a alta de gas e/ou luz.
 

Dar de alta o gas natural​

 A miña casa non ten instalación de gas natural, que debo facer?
Ponte en contacto cun instalador de gas natural autorizado, que che facilitará toda a información que necesitas e realizará un orzamento da instalación á túa medida.

O instalador elixido tamén deberá realizar os trámites necesarios coa empresa distribuidora de gas natural da túa zona para que conecte o gas ao teu fogar.

Os prazos aproximados serán:
  • 30 días se a túa casa non ten instalación de gas natural pero algún veciño si.
  • 60 días se a túa casa non ten instalación de gas natural e os teus veciños tampouco.
 
A miña casa ten instalación de gas natural, como dou de alta a subministración?
Para solicitar a alta de subministración debes dispoñer do Certificado de Instalación Individual en regra:
  • Se xa o tes, podes chamar directamente unha empresa comercializadora.
  • Se non o tes, deberás poñerte en contacto cun instalador de gas autorizado. Virán á túa casa para realizar unha inspección da Instalación Receptora Individual (IRI).
 
 Que opcións teño para contratar o gas natural cunha empresa comercializadora?
Podes contratar prezo libre ou prezos regulados pola Administración.

En Gas Natural Fenosa ofrecémosche:
  • Contratar prezo libre con Gas Natural Servizos chamando ao teléfono gratuíto 900 28 28 28.
  • Contratar prezos regulados coa Administración con Gas Natural SUR chamando ao teléfono gratuíto 900 29 29 29.
 
Que documentación necesito cando veñan conectar o contador do gas?
  • DNI, pasaporte ou permiso de residencia.
  • Certificado da Instalación Individual de gas.
  • Certificado de instalación térmica, no caso de ter calefacción a gas.
  • Documento que vincule o titular coa vivenda (escrituras ou contrato de compravenda).

Dar de alta a luz

 A miña casa non ten subministración de luz, que debo facer?
Debes presentar a seguinte documentación na túa distribuidora:
  • Licenza de primeira ocupación ou licenza de apertura para a primeira contratación
  • Cédula de habitabilidade.
  • Certificado de instalación eléctrica (CIE).
  • DNI, CIF, NIF, pasaporte ou permiso de residencia.
 
 A miña casa xa ten instalación de luz, que debo facer?
Só tes que cambiar a titularidade do contrato ao teu nome coa comercializadora que elixas. A solicitude deste cambio pode xestionala o actual titular (o vendedor ou arrendador da vivenda) ou ti mesmo, como novo titular.


A miña casa xa ten instalación de luz, que debo facer?
Podes contratar a prezo libre ou a prezos regulados pola Administración.

En Gas Natural Fenosa ofrecémosche:
  • Contratar prezo libre con Gas Natural Servizos chamando ao teléfono gratuíto 900 333 223.
  • Contratar a prezos regulados coa Administración con Gas Natural SUR chamando ao teléfono gratuíto 900 100 360.
 
Formularios de solicitude:
Ao contratar coa Comercializadora de mercado libre Gas Natural Servizos, ou coa Comercializadora de Último Recurso Gas Natural SUR, asinarase unha autorización para que no teu nome a comercializadora correspondente solicite a posta en servizo da instalación á empresa distribuidora.

Autorización solicitude posta en servizo GNS
Autorización solicitude posta en servizo GNSUR

 

Quero dar de baixa o gas natural

Dámosche toda a información que necesitas para realizar o cesamento da subministración de gas.
 
Cesamento baixa da subministración de gas natural:
A realización dun cesamento supón o corte de subministración e a retirada do contador.

Podes solicitar online o cesamento de subministración do gas enchendo este formulario:

Solicitar cesamento de subministración de gas
 
Se o que desexas é contactar por teléfono para que a túa distribuidora retire o contador e che indique os pasos a seguir para solicitar o cesamento de subministración:
  • Se a túa comercializadora do Grupo é Gas Natural Servizos, chama o 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama ao 900 100 502.
 
Se realizas esta xestión dende un centro de atención presencial será necesario presentar a documentación indicada aquí
 
Para solicitar o cesamento da subministración, tamén podes facelo por email ao seguintes enderezos, dependendo da tipoloxía de cliente que sexas: Lembrámoste algúns puntos importantes a ter en conta ao realizar un cesamento de subministración.
 O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. Se non es o titular terás que achegar a seguinte documentación:
  • Documento que me vincule co punto de subministración: Escrituras, contrato de compra-venda, contrato de alugueiro, documento que acredite unha herdanza ou certificado de defunción en caso de que o titular falecese.
  • Autorización asinada por orde ou por ausencia
  • Fotocopia do DNI ou NIE do solicitante
  • Formulario de Cesamento con datos do solicitante.

Quero dar de baixa a luz

A realización dun cesamento de subministración eléctrica supón o corte de subministración e, polo tanto, a desconexión da instalación eléctrica do cliente.
 
Explicámosche os pasos a seguir para solicitar o cesamento da subministración eléctrica da túa vivenda se es cliente dalgunha das comercializadoras de electricidade do Grupo Gas Natural Fenosa (Gas Natural SUR ou Gas Natural Servizos).

Unha subministración clasifícase como baixa tensión cando a tensión da liña á que se conecta é inferior a 1kV, sendo alta/media tensión cando a tensión da liña é superior a 1kV.
  • Se te conectas a unha liña de alta/media tensión, o centro de transformación é da túa propiedade.
  • Se te conectas a unha liña de baixa tensión, o centro de transformación é propiedade da distribuidora.
 
Verifica se a túa subministración é de baixa ou alta/media tensión
O trámite é diferente se a túa subministración, é de baixa tensión ou alta/media tensión.

O primeiro que debes facer é consultar na factura ou no contrato o tipo de subministración que tes en función da tarifa de acceso contratada.
  • Trátase dunha subministración de baixa tensión cando teñas contratada algunha das seguintes tarifas de acceso: 2.0A / 2.0DHA / 2.1A / 3.0A.
  • Trátase dunha subministración de alta/media tensión cando teñas contratada algunha das seguintes tarifas de acceso: 3.1A / 6.1A.
 
Se tes dúbidas contacta coa túa comercializadora onde te informarán se se trata dunha subministración de baixa ou alta/media tensión.


Baixa tensión (tarifas de acceso: 2.0A / 2.0DHA / 2.1A / 3.0A)
O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. Ten á man unha factura para poder localizar os datos que identifican o punto de subministración a cesar.

Se non es o titular do contrato terás que achegar a seguinte documentación:
  • Documento que me vincule co punto de subministración: Escrituras, contrato de compra-venda, contrato de alugueiro, documento que acredite unha herdanza ou certificado de defunción en caso de que o titular falecese.
  • Autorización asinada por orde ou por ausencia
  • Fotocopia do DNI ou NIE do solicitante
  • Formulario de Cesamento con datos do solicitante.
Podes solicitar online o cesamento de subministración de electricidade completando este formulario:

Solicitar cesamento de subministración eléctrica
 
Se o que desexas é contactar por teléfono, deberás poñerte en contacto coa plataforma de atención telefónica:
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural Servizos, chama ao 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama ao 900 100 259.
Tamén podes dirixirte a unha oficina de atención presencial.

Se realizas esta xestión dende un centro de atención presencial será necesario presentar a documentación indicada aquí.

Para solicitar o cesamento da subministración, tamén podes facelo por email, aos seguintes enderezos de correo electrónico, segundo a tipoloxía de cliente:  
Alta/media tensión (tarifas de acceso: 3.1A / 6.1A)
O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. No caso dunha empresa debe ser o representante.

Se non es o titular do contrato terás que achegar a seguinte documentación:
  • Documento que me vincule co punto de subministración: Escrituras, contrato de compra-venda, contrato de alugueiro, documento que acredite unha herdanza ou certificado de defunción en caso de que o titular falecese.
  • Autorización asinada por orde ou por ausencia
  • Fotocopia do DNI ou NIE do solicitante
  • Formulario de Cesamento con datos do solicitante
 
O centro de transformación é propiedade do cliente, non da distribuidora, por iso, no momento de solicitar o cesamento deberás especificar se tamén desexas que se realice a desconexión do centro de transformación.

Podes solicitar online o cesamento de subministración de electricidade completando este formulario:

Solicitar cesamento de subministración eléctrica
 
A continuación indicámosche os pasos a seguir para solicitar o cesamento dunha subministración de alta/media tensión se prefires facelo por teléfono, nun centro de atención presencial ou por email:

1. Descargar o documento de "Solicitude de cesamento de subministración eléctrica de alta/media tensión" que che facilitamos máis abaixo.

2. Completar  o documento de solicitude de cesamento específico para subministración de alta tensión, onde indicarás:
  • Nomes e apelidos do titular ou representante do contrato de enerxía eléctrica.
  • Número de referencia da túa subministración (número CUPS) que encontrarás na factura.
  • Se solicitas que se realice a desconexión do centro de transformación ou non. En ambos os dous casos, deberás indicar a Distribuidora.
  • Teléfono de contacto onde esteas doadamente localizable para  concertar a visita de desconexión da subministración.
3. Achega a fotocopia do documento de identidade do titular ou do representante.

4. Remitire todos os documentos á túa comercializadora a través dunha conta de correo electrónico ou a un número de fax específico.

5. Contacta coa plataforma de atención ao cliente para que te informen de cal é o enderezo de correo electrónico ou o número de fax que corresponde á comercializadora e para resolver calquera dúbida sobre como completar o documento.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural Servizos, chama ao 900 100 251.
  • Se a túa comercializadora é Gas Natural SUR chama ao 900 100 259.
 
Tamén podes dirixirte a unha oficina de atención presencial.
Se realizas esta xestión dende un centro de atención presencial será necesario presentar a documentación indicada aquí.

Para solicitar o cesamento da subministración, tamén podes facelo por email, aos seguintes enderezos de correo electrónico, segundo a tipoloxía de cliente:

Ficheiros relacionados:

Solicitude de cesamento de subministración eléctrica de alta/media tensión
Formulario de cesamento de electricidade para Gas Natural Servizos
Formulario de cesamento de electricidade para Gas Natural SUR
Formulario de cesamento de gas para Gas Natural Servizos
Formulario de cesamento de gas para Gas Natural SUR
 
Enlaces relacionados:

Localizador de centros
Contrata connosco
Aloguer ou venda de piso
Teño que modificar os meus datos