Entender a factura da luz e/ou gas

Ofrecémosche unha explicación visual e sinxela da túa factura da luz e de gas para que entendas toda a información que contén. Selecciona o tipo de factura que che corresponde e navega a través dela seleccionando as partes que desexes observar.

E se advirtes que a lectura indicada na túa factura de luz ou de gas é distinta á marcada no teu contador, podes comunicalo ao servizo de atención ao cliente e, nun prazo máximo de 4 días,devolverémosche a diferenza facturada1 ata resolver a situación.

Porque en Gas Natural Fenosa o noso compromiso eres tú. Coñecer a nosa política de reclamacións aquí.


Factura Gas Natural Servizos SDG, S.A. e factura Tarifa ECO

Selecciona esta factura se es cliente de Gas Natural Servicios SDG, S.A.:
 

Detalle I       Detalle II       Detalle III

* Detalles aplicables a ambas facturas
 
A continuación explicámosche brevemente que información atoparás sobre o teu contrato e factura nos detalles.

Detalle I

Información do cliente: Datos persoais e datos da entidade bancaria á que o usuario está afiliado. 

Detalles da facturación: Á beira do servizo contratado, gas natural e/ou electricidade, aparece o nome da tarifa contratada. Neste apartado pódense observar os gastos en kWh e ? sobre o consumo e os impostos. Tamén están visibles os descontos vixentes.

Atención ao cliente: Contén os contactos necesarios para realizar calquera consulta.



Detalle II

As contas claras: Nesta parte da factura atópanse os datos da instalación de gas, os datos da instalación de electricidade e os gráficos de consumo. 



Detalle III

Destino do importe da factura: O destino do importe da factura verase reflectido no gráfico que divide os custos de produción de electricidade, os impostos aplicados e os custos regulados.

 

 

Factura Gas Natural S.U.R.  

Selecciona esta factura se tes un contrato de luz con Gas Natural S.U.R., S.A.:

Factura GNF SUR

Detalle I      Detalle II      Detalle III
 

Información do cliente:

Datos do titular: Nome e apelidos do titular do contrato e enderezo postal. Os datos postais corresponden aos datos do receptor que recibe a factura. Os datos postais non teñen que coincidir coa situación do punto de subministración onde se presta o servizo nin co titular que aparece nos datos contractuais.

Identificación do cliente: Nome e apelidos do cliente.

Enderezo da subministración: O Enderezo onde se presta o servizo.

CIF/NIF: O NIF do titular é o dato persoal identificativo do titular do contrato indicado. Corresponde ao nome e apelidos do titular que ten a relación contractual.

Datos bancarios: Os datos bancarios facilitados polo cliente para cargar o importe da factura. Na factura ocúltanse os últimos catro díxitos para preservar a confidencialidade e a seguridade dos teus datos bancarios.


Datos da factura:

Número de factura e data de emisión: Número de referencia da factura. Para simplificar a identificación e a busca das facturas dáselle a cada unha un Número de factura e rexístrase coa data de emisión da factura.

Forma de pagamento: A forma habitual de pagamento é a domiciliación bancaria. Se vostede ten contrato con GNSUR tamén poderá realizar o pagamento mediante código de barras, en calquera entidade bancaria ou a través do servizo de pagamentos online.


Detalles da facturación:

Servizo en rúa, número, código postal (cidade): Enderezo do punto de subministración onde se presta o servizo a facturar.

NIS: NIS= 11111111 é o número de identificación da subministración.

Facturación: A facturación da electricidade componse dun termo fixo de potencia, en función da potencia contratada, e untermo variable ou consumo que realizaches durante o período establecido. Os descontos aplícanse sobre o prezo da enerxía en función das condicións do produto de enerxía contratado coa comercializadora.

Imposto especial sobre a electricidade (IEE): O imposto Especial Sobre a Electricidade aplícase nos prezos de potencia e enerxía (o importe obtense sumando a potencia e o consumo e multiplicando polo coeficiente establecido pola lei).

Outros conceptos da factura de electricidade: Outros conceptos da factura de electricidade:

IVE aplicado:

  • O IVE aplícase sobre o Total de subministración. Esta porcentaxe non varía. Se vives en Canarias, a porcentaxe aplicada é o IGIC.
  • O Total da factura enerxética é o resultado da suma do Total de subministración + o Imposto de Valor Engadido (IVE).

Gráfico de consumos:

O gráfico de consumo de electricidade é unha representación dos kW de consumo de electricidade dos últimos meses.

Deste xeito, o cliente pode facer doadamente un seguimento do seu consumo eléctrico.


Datos do contrato:

CUPS: Código universal do punto de subministración que serve de identificador único.

Contrato acceso: Número de póliza de contrato de acceso. Referencia do contrato de subministración coa empresa distribuidora.

Tarifa de acceso: Tarifa de acceso. Custo regulado a traspasar a compañía distribuidora por potencia e enerxía.

Información lecturas / consumos electricidade: Indícase a lectura anterior e a actual do contador de luz en kWh, a data de ambas as dúas e como se obtivo o teu consumo.
 

A continuación explicámosche os diferentes medios que temos para obter o teu consumo e que se che indica nesta parte da factura:

A lectura Real: a túa última facturación fíxose sobre a base do consumo que marca o teu contador.

A lectura Facilitada: a túa última facturación fíxose sobre a base do importe que nos facilitaches a través dalgunha das canles dispoñibles.

Lectura Estimada: a túa última facturación fíxose sobre a base dos teus consumos anteriores.
 

Tamén se detalla o teu período de facturación: Punta, Chairo ou Val:

Na maioría de casos, os clientes domésticos eléctricos con potencia contratada <10 kW teñen un só contador, e polo tanto, todo o seu consumo é en chaira. En caso de acollerse a DH (discriminación horaria) a túa facturación de consumo estará analizada en punta e chairo. Se ao cliente lle interesa, pode solicitar un tipo de tarifa que contemple discriminación horaria, de maneira que o consumo das horas puntas se facturarán a un prezo superior, e o consumo nas horas val factúrase a un prezo inferior. Tanto os tramos horarios coma os prezos a aplicar fíxaos o goberno.

No caso das antigas tarifas domésticas 2.0.1, 2.0.2, 2.0.3 e 3.0.1, pódese optar pola opción de dobre discriminación horaria (coñecida como tarifa nocturna), que supón tarificar o consumo en dous períodos: as horas punta (10 ao día) e horas val (14 ao día), cun prezo menor nas horas val. O consumo en kWh calcúlase coa diferenza entre ambas as dúas lecturas (actual e anterior). A cantidade resultante é o consumo que se vai facturar.
 


 (1) Devolvémosche o diñeiro se non estás conforme coa túa lectura nun prazo máximo de 4 días ata resolver a situación. É necesario dispoñer dunha lectura real facilitada por parte do cliente para poder realizar o abono.



Enlaces relacionados:

Que é la factura online?
IBAN mandato SEPA
Novo sistema factura da luz pequeno consumidor
Como pagar online
Necesito consultar as miñas facturas
Quero reducir os meus gastos  
Teño que modificar os meus datos