A actuación comercial debe inspirarse nos principios de información veraz, transparencia e respecto á vontade do usuario.
As persoas que comercialicen, a domicilio, os produtos e servizos de Gas Natural Fenosa exhibirán a acreditación e a requirimento, deberán exhibir un documento que acredite a súa identidade.
Non se solicitará ningún tipo de dato persoal daqueles usuarios que non estean interesados na oferta comercial.
Só se facilitará información comercial e solicitaranse datos persoais de persoas maiores de 18 anos.
Non se solicitarán datos persoais nin se subscribirán ofertas comerciais dos que non estean en disposición de comprender a información.
Toda a información que se facilite aos consumidores no proceso de comercialización de produtos e servizos deberá estar debidamente reflectida na copia do contrato.
 
Ficheiros relacionados

Como contratar
Pasos para ser o noso cliente