Como funciona?

A caldeira de Baixa Temperatura funciona igual que unha caldeira convencional, só que opera a temperaturas menores, entre 35º C e 45º C, e regulan a temperatura en función da demanda enerxética real. Estas caldeiras son estancas, ademais teñen rendementos máis altos que os convencionais, podendo chegar a 95%.

 

Como transporta a calor?

Os sistemas de distribución máis habituais nestes equipos son:

  • Radiadores: elementos que intercambian a calor entre a auga quente e o espazo que se vai quentar.

  • Chan radiante: neste sistema de distribución os radiadores substitúense por un sistema de tubos que se colocan por debaixo do chan, e por eles circula a auga quente. Neste caso o chan convértese en emisor de calor. Este sistema é moi eficiente xa que a temperatura á que hai que quentar a auga está entre 35º C e 45º C, coincidindo coa temperatura á que opera a caldeira, aforrando así enerxía. O chan radiante distribúe homoxeneamente a calor, isto faino aínda máis eficiente e aumenta o confort da estanza.

 

Que caldeira comprar?

Á hora de comprar unha Caldeira de Baixa Temperatura ten en conta as necesidades da túa vivenda, é dicir, compra a caldeira máis conveniente para a túa vivenda, cunha potencia axeitada ao teu fogar. Recomendámosche que adquiras unha caldeira de condensación que é a máis eficiente do mercado.
 

Que tipo de climatización ofrece?

Este tipo de caldeiras ofrecen só calefacción. Se desexas ter refrixeración terás que instalar un equipo específico.
 

A ter en conta

Vantaxes:

Altos rendementos: 95%

Poden producir aforros maiores ao 25% con respecto a unha caldeira convencional.

Utilízanse tamén para a produción de ACS.

Poden regular a temperatura en función da demanda enerxética Aptas para sistemas centralizados en edificios, vivendas unifamiliares ou pisos.


Desvantaxes:

  • Poden producir condensación.

  • Equipos máis caros en comparación cunha caldeira convencional.

  • Recoméndanse radiadores con maior superficie de intercambio.

 

Como se utiliza correctamente?

O uso deste tipo de caldeiras é moi sinxelo, só se acende e apaga en función da demanda de calefacción ou non.



« Volver a Caldeiras