Como funcionan as caldeiras de condensación?
Este tipo de caldeiras son estancas e teñen o mesmo funcionamento que as caldeiras de Baixa Temperatura. Só que ademais son capaces de aproveitar a calor ou a enerxía dos gases de escape, podendo chegar a uns rendementos superiores de ata 109%. Son as caldeiras máis eficientes do mercado, e regulan a temperatura en función da demanda enerxética.
 

Como transporta a calor?

Os sistemas de distribución máis habituais das caldeiras de condensación son:

  • Radiadores: elementos que intercambian a calor entre a auga quente e o espazo que se vai quentar.

  • Chan radiante: neste sistema de distribución os radiadores substitúense por un sistema de tubos que se colocan por debaixo do chan, e por eles circula a auga quente. Neste caso o chan convértese en emisor de calor. Este sistema é moi eficiente xa que a temperatura á que hai que quentar a auga está entre 35º C e 45º C, coincidindo coa temperatura á que opera a caldeira, aforrando así enerxía. O chan radiante distribúe homoxeneamente a calor, isto faino aínda máis eficiente e aumenta o confort da estanza.
     

Que tipo de climatización ofrecen?

As caldeiras de condensación ofrecen só calefacción. Se desexas ter refrixeración terás que instalar un equipo específico.


A ter en conta:

Vantaxes:

Altos rendementos: 109%.

Poden producir aforros maiores ao 25% con respecto a unha caldeira convencional.

Utilízanse tamén para a produción de ACS.

Poden regular a temperatura en función da demanda enerxética.

Aptas para sistemas centralizados en edificios, vivendas unifamiliares ou pisos.

Son as caldeiras máis eficientes que podes encontrar no mercado.


Desvantaxes:
  • Alto investimento en comparación cunha caldeira convencional.

  • Se se usa con radiadores é conveniente que estes teñan maior superficie de intercambio que coas caldeiras convencionais.
     

Como se utiliza correctamente?

O uso deste tipo de caldeiras é moi sinxelo, só se acende e apaga en función da demanda de calefacción ou non.



« Volver a Caldeiras