Que é o servizo de Pagamento Online?

O Servizo de Pagamento Online de Gas Natural Fenosa permíteche realizar pagamentos con tarxeta a través da Internet. No momento en que a transacción se autoriza, realízase o cargo á tarxeta e o aboamento na conta da entidade que emitiu a factura. Se se detecta algún problema no proceso (falta de saldo, bloqueo da tarxeta, etc.) denégase a operación. O Pagamento Online realízase a través do servizo de banca online de La Caixa, sen necesidade de ser cliente desta entidade bancaria.

Accede ao pagamento online

 

Que vantaxes ten o servizo?

A principal vantaxe do Servizo de Pagamento Online é a seguridade e a comodidade deste servizo online, xa que contas coa nosa dispoñibilidade total, non importa o teu lugar de residencia nin a hora do día. Por outro lado, para realizar o pagamento non te tes que trasladar a ningunha oficina bancaria, podes realizar a xestión dende a túa casa. Ademais, ao tratarse dun pagamento online só ti manexas os teus datos, sen necesidade de terceiras persoas.

 

Que datos necesito para realizar o Pagamento Online?

Podes facer os pagamentos informando do CPR e/ou emisora ou do código de barras e completando os datos que se solicitan. Estes datos encontraralos na túa factura ou no teu recibo de non pagamento.
 

Ver factura a tamaño completo

Ver recibo de non pagamento a tamaño completo

 

Que tipo de tarxeta necesito para realizar o Pagamento Online?

Necesitas unha das tarxetas de pagamento admitidas por La Caixa (Visa, Mastercard, 4B...) ou ser usuario de Liña Aberta de La Caixa.

 

Teño que pagar cunha tarxeta de La Caixa?

Non é necesario que a entidade emisora da tarxeta sexa La Caixa. Para realizar o Pagamento Online só necesitas unha tarxeta activa no momento de realizar a operación.

 

A que hora debo realizar os pagamentos online?

Tes dispoñibilidade total. Podes acceder ao servizo de Pagamento Online as 24 horas do día e os 365 días do ano.

 

Quedan desprotexidos os meus datos co Pagamento Online?

Os teus datos están totalmente protexidos cando utilizas o Servizo de Pagamento Online, xa que se utiliza un sistema de TPV Virtual. Con este sistema trabállase con toda seguridade dentro da operativa de vendas a través de Internet. As transaccións comerciais que se realizan co TPV Virtual garanten a seguridade, confidencialidade e integridade para o titular da tarxeta de pagamento.

 

Ten algún custo adicional o Pagamento Online?

Pagar as túas facturas co Servizo de Pagamentos Online non supón ningún cargo adicional para ti.

 

Podo consultar os pagamentos online que realicei?

Se es cliente de La Caixa encontrarás un Módulo de Administración no que poderás consultar o estado das operacións que realizaches. No caso de non ser cliente de La Caixa, poderás consultar os movementos da forma habitual coa túa entidade bancaria.

 

Que validez ten o impreso de Pagamento Online?

O impreso do pagamento é o comprobante do pagamento que realizaches e, polo tanto, ten total validez.