Consellos de uso:

  • Utiliza a auga á menor temperatura posible xa que entre o 80% e o 85% da enerxía que gasta unha lavadora se produce ao quentar a auga. Reducir a temperatura do lavado, por exemplo de 40 ºC a 15 ºC, reduce o consumo de enerxía á metade.

  • Antes do lavado é conveniente agrupar a roupa segundo a clase de tecido, programa e temperatura que hai que utilizar.

  • Utiliza a lavadora ao máximo da súa capacidade para rendibilizar o consumo enerxético de cada lavado. E lembra que dous ciclos de lavado a media carga consomen máis que un a carga completa.

  • Agás no caso de manchas especialmente difíciles, cos deterxentes actuais, os ciclos de auga morna ou fría permiten lavar e limpar completamente a roupa.

  • Os deterxentes líquidos fan traballar menos as lavadoras, pero se usas un sólido podes diluílo en auga antes de introducilo na lavadora.

  • Usa a dosificación axeitada de deterxente, a súa utilización en exceso provoca que a escuma faga traballar innecesariamente o motor da lavadora.

  • Se adquires unha lavadora cun centrifugado potente (1.200 r.p.m- 1.500 r.p.m) poderás evitar ou reducir o uso da secadora, xa que esta consome moita máis enerxía. Un centrifugado de alta velocidade é moito máis eficaz que outro de menos e practicamente consomen o mesmo.

  • Evita facer funcionar a lavadora simultaneamente con outros electrodomésticos con alto consumo, como a cociña, o forno ou a lavalouza. Evitando o uso simultáneo de equipos poderás contratar unha potencia eléctrica menor.
     

Consellos de mantemento:

  • Mantén limpo o filtro da lavadora, evitará que se poidan producir obstrucións e mellorará o funcionamento do aparato.

  • Usa descalcificantes para eliminar as impurezas e o cal do filtro da túa lavadora.



« Volver a Lavadoras e secadoras