Consellos de uso:

  • Deberás colocar a secadora nun lugar seco, ben ventilado ou se é nun lugar pechado debes conectala cun tubo de saída ao exterior.

  • Centrifuga a roupa o máximo que poidas antes de metela na secadora. O centrifugado consome moita menos enerxía que a secadora.

  • Agrupa a roupa segundo o tipo de tecido, antes de introducilo na secadora, para así utilizar ciclos axeitados a cada grupo de pezas semellantes.

  • Emprega a secadora ao nivel de carga que indica cada ciclo. Se necesitas secar pouca roupa axusta o nivel de temperatura e tempo de secado.

  • Utiliza os programas automáticos de detección de humidade da roupa para o funcionamento da secadora; son máis exactos e eficientes que os programas manuais.

  • Usa o ciclo de arrefriamento progresivo para que a roupa remate de secar coa calor residual da secadora.

  • Cando poidas aproveita a enerxía directa do sol para secar a roupa, é a forma máis eficiente de secar a roupa.
     

Consellos de mantemento:

  • Limpa sempre o filtro da secadora despois de rematar de secar a roupa, mellorará a circulación do aire e evitará posibles accidentes.

  • Inspecciona periodicamente o orificio de ventilación da secadora para asegurarte de que non estea obstruído. Isto aforra enerxía e pode previr incidentes.

  • Para evitar o óxido nas partes metálicas da secadora saca a roupa cando remate o ciclo de secado.

Fíxate en que non existan perdas de calor ou fugas na secadora, nas xuntas, na porta, etc.


« Volver a Lavadoras e secadoras