Que é o IBAN?

O Código Internacional de Conta Bancaria (IBAN) é un número de identificación que permite validar internacionalmente unha conta bancaria que teña un cliente nunha entidade financeira.

É un estándar creado polo Comité Europeo de Estándares Bancarios (ECSB) co obxectivo de facilitar a identificación homoxénea das contas bancarias en todos os países.

Tanto o IBAN como o CCC (estándar español de contas) identifican a mesma conta bancaria.

O IBAN só se admite en domiciliacións na Zona Sepa (28 países CE + Islandia, Liechtenstein,

Noruega, Suíza, Mónaco, Croacia).


Vantaxes do IBAN

Cada país dispón dun sistema e dunhas normas propias de identificación de contas bancarias, e non se poden aplicare as normas doutros países, o que non facilita as transaccións de pagamentos internacionais. Iso provoca atrasos, incidencias e custos non desexados.

O IBAN resolve esta situación e achega, entre outras, as seguintes vantaxes:

Diminución dos erros de imputación.

Transmisión correcta dos datos relativos ao número de conta bancaria.

Facilidade no tratamento automatizado ao longo de todo o circuíto.

Redución das intervencións manuais.

Rapidez de transmisión.

Redución de custos.


Formato IBAN

O IBAN consta dun máximo de 34 carácteres alfanuméricos, en función do país. Os dous primeiros son de carácter alfabético e identifican ao país. Os dous seguintes son díxitos de control que permiten verificar a exactitude do IBAN. Os restantes son o número de conta bancaria.


Formato español:

Para España, o IBAN ten 24 díxitos e componse do seguinte xeito:

  • "ES" (código de país para España ―dúas letras―, especificado na norma ISO 3166).

  • Un número de control (2 díxitos).

  • O CCC completo da correspondente conta corrente bancaria (20 díxitos).


Formato electrónico:

A presentación en formato electrónico do IBAN realízase sen espazos de separación, é dicir, con todos os díxitos seguidos.
 

Formato papel:

A representación en papel do IBAN é a mesma que en formato electrónico, coas seguintes excepcións:

  • As iniciais "IBAN" preceden ao IBAN e van seguidas dun espazo.

  • O IBAN divídese en grupos de catro caracteres separados por un espazo. O último grupo ten unha extensión variable de ata catro caracteres.


IBAN e BIC ou Swift

O Código Internacional de Identificación Bancaria (BIC), tamén chamado "código bancario SWIFT", é o código internacional que permite unha identificación única de cada entidade de crédito e/ou das súas oficinas. Este código é necesario para automatizar o envío dos pagamentos ás caixas e bancos receptores.

Ao realizar un pagamento transfronteirizo é importante indicar o IBAN do beneficiario e o código BIC da entidade destinataria, posto que utilizalo comporta unha maior rapidez e fiabilidade no trato do pagamento.

Por outra banda, se recibes pagamentos procedentes do estranxeiro, interésache indicar o IBAN e o BIC en todas as facturas ou facilitárllelo a todos os provedores/debedores, porque che permitirá gañar tempo na recepción de pagamentos ao teu favor.


Que é o Mandato SEPA?

O mandato asinado polo debedor (pagador) serve para autorizar, tanto ao acredor ao realizar o cobramento, como á súa entidade de crédito para atender os devanditos pagamentos. O mandato ha de ser emitido en papel e asinado polo debedor.

O mandato debe estar vixente no momento da emisión do recibo. Caduca se transcorren 36 meses dende o último cobramento.

O acredor debe custodiar o mandato asinado polo debedor por un mínimo de 14 meses despois do último recibo.


Características:

Acordo privado entre o emisor e o seu debedor (debe conter os datos identificativos do cliente, do debedor, do servizo e o consentimento do debedor para realizar o pagamento).

Asinado polo titular da conta de cargo.

Vixente na data de presentación do recibo.

GNF dispón dun modelo definido segundo a normativa para todos os seus clientes.



« Volver a Entende a túa factura

 

Enlaces relacionados: 

Sistema para a factura da luz do pequeno consumidor