Que equipo comprar?

As televisións e equipos audiovisuais adoitan ter un baixo consumo de enerxía, pero cada vez temos máis aparatos deste tipo nas nosas casas. Por iso á hora de compralos hai que empezar a ter en conta os seus consumos:

No caso das televisións, cuxo uso intensivo fai que teña un consumo elevado a elección do tipo de TV é importante. Un TV de plasma consume ata 2,5 veces máis que unha TV LCD, no caso dunha pantalla de 40", cun uso diario de 3 horas, estamos a falar de consumir 270 kWh máis ao ano, 36 €.

Outro aspecto a ter en conta á hora de seleccionar un equipo é que este teña posibilidade de apagarse dende un botón. Algúns equipos hoxe en día non poden apagarse de todo, estando sempre en modo stand-by, supoñendo este modo, que o equipo consume constantemente, ata un 15% do seu consumo en funcionamento normal.

 

Ordenador e equipos informáticos

Que equipo comprar?

Se vas comprar un ordenador adquire un que teña sistema de aforro "Energy Star", xa que teñen a capacidade de pasar a un estado de repouso, hibernación, ao transcorrer un determinado tempo sen actividade.

Se estás pensando entre adquirir un portátil ou un PC, recorda que unha vantaxe engadida dos portátiles é que consumen moita menos enerxía. Aínda así, se te decides polo PC recorda que a pantalla é a parte do ordenador que máis consume, por iso é recomendable comprar pantallas planas (TFT) que son as que menos consumen. Compra impresoras que impriman a dobre cara e aparatos de fax que usen papel normal (non térmico).

 


Pequenos electrodomésticos

Que equipo comprar?

Batedor, aspiradora, secador de pelo, torrador, máquina de afeitar, ventilador, ferro de pasar, etc. Estes electrodomésticos teñen potencias moi dispares. Os que producen calor, como o ferro de pasar, teñen potencias maiores que os que só realizan accións mecánicas, como o batedor. Cando elixas estes electrodomésticos ten en conta a súa potencia, e elixe o que mellor se adapte ás súas necesidades.