Cambiar de comercializadora é moi sinxelo, unha vez asines un contrato con Gas Natural Fenosa, encargámonos de realizar todos os trámites necesarios para facer efectivo o cambio de compañía.

Estes son os pasos e prazos* para o cambio de compañía de enerxía:

 
Fase 1 - Solicita conexión á rede de distribución de gas e/ou luz.
Fase 2 - Visitarache un instalador ao teu domicilio no momento no que a distribuidora reciba a túa solicitude de alta.
Fase 3 - O instalador entregarache o certificado para contratar a subministración cunha empresa comercializadora.
Fase 4 - Unha empresa certificadora revisarache a instalación para a súa posta en servizo.
Prazos: 30 días se a túa vivenda non ten a instalación, pero algún dos teus veciños si. Se a túa vivenda e os teus veciños non teñen instalación, consultar coa distribuidora. 

Se xa tes instalación de gas natural e/ou luz na casa...

Debes dispoñer do Certificado de Instalación Individual en regra. Se xa o tes, podes chamar directamente ao teléfono de atención ao cliente da empresa comercializadora que prefiras.

Se non tes o Certificado, deberás poñerte en contacto cun instalador autorizado. Virán á túa casa para realizar unha inspección da Instalación Receptora Individual (IRI). Se a túa instalación cumpre a normativa vixente, e comproban que o gas chega a todos os puntos de consumo e os aparatos funcionan correctamente, o técnico deixará a instalación lista para a súa utilización e emitirá o Certificado de Instalación Individual na mesma visita. Unha vez teñas o Certificado, podes pedirlle ao mesmo instalador que che visitou na casa que che xestione a alta de subministración de gas natural, ou podes chamar ti mesmo ao teléfono de atención ao cliente da empresa comercializadora que prefiras.

Pasos para a activación do contrato coa comercializadora Gas Natural Servizos:

Fase 5 - Activarase o contrato con Gas Natural Servizos nun prazo aproximado de 1 semana, dende que a instalación estea en servizo.
Fase 6 - Recibirás a factura de alta cando a distribuidora comunique a Gas Natural Servizos o teu primeiro consumo. Aplicaráseche a oferta que che corresponda.
 
(*) Prazos medios estimados. | (1) A partir dese momento recibirás a factura de liquidación da túa anterior compañía e a primeira factura da túa compañía actual, Gas Natural Fenosa. A última lectura utilizada para a facturación de liquidación do teu anterior comercializadora "sempre" será a de partida para a primeira factura de Gas Natural Fenosa. | (2) Para as subministracións eléctricas con ciclo de lectura e facturación bimestral, a data de cambio será nos 15 días seguintes á solicitude de acceso á súa distribuidora ou cando corresponda segundo o ciclo de lectura. Para aquelas subministracións con ciclo de lectura e facturación mensual, será segundo o ciclo de lectura. Para tarifas de gas 3.1, 3.2 e 3.3 a data de cambio coincidirá co día 1, 11 ou 21 de cada mes, debendo seleccionar o distribuidor a data de cambio máis próxima á de validación. A data de cambio para tarifas 3.4 coincidirá co ciclo de lectura que teña o cliente.