Para que a túa factura reflicta o importe real que consumiches, é importante que dispoñamos da lectura real do contador do gas e da luz. Así, evitarás as estimacións que realizamos cando o contador se encontra dentro dunha vivenda e non podemos acceder a él.

A estimación consiste en establecer a túa factura sobre a base do que consumiches anteriormente. Se non dispoñemos desta información histórica, facemos a estimación do teu consumo en función da tarifa que teñas contratada, o tipo de enerxía e a zona xeográfica na que te encontras.

Polo tanto, cunha lectura regular do contador non só garantes que estás a pagar unicamente polo gas ou a luz que consomes, senón que tamén evitas recibir facturas "de acumulación" que son innecesariamente elevadas por estar baseadas en lecturas estimadas e non reais.

Podes indicar a lectura do teu contador online de forma doada e rápida:

Dar lectura do contador (gas e luz) 

Ou ben podes facelo por teléfono chamando o 900 770 770.
 

Controla os teus consumos

Dende a Área clientes podes facer un seguimento dos teus consumos, para así poder controlar e reducir os teus gastos. Poderás poderás visualizar, ademais, todas as súas facturas e os teus datos de contratación. Se aínda non estás rexistrado podes darte de alta facilmente. Unicamente necesitarás ter a man unha factura e indicarnos, por motivos de seguridade, os 4 últimos díxitos da conta bancaria onde tes domiciliados os pagamentos.
 

Que tarifa me corresponde?

Ofrecémosche toda a información sobre as diferentes tarifas de gas e luz para que poidas escoller a que máis se adapta ás túas necesidades. Recomendador de tarifas
 

Sabías que...?

... podes ser máis eficiente no consumo de enerxía?

Controlando a temperatura da túa casa para manter a sensación de confort sen gastar máis da conta.

Illando correctamente o teu fogar para que se manteña ben climatizado.

Facendo un bo uso dos teus electrodomésticos.

Racionalizando o teu consumo de auga corrente sanitaria.

Consultando todos os trucos e consellos para que a túa casa sexa un verdadeiro fogar eficiente no consumo de enerxía.

 

 

Enlaces relacionados:

Acceso a Área clientes

Dar a lectura do contador

Como contratar

Pasos para ser cliente