Controla a temperatura

Sabías que a metade da enerxía que consumen as familias españolas se destina a quentar a casa?

 

Algúns consellos para obter unha temperatura de confort:

  • Elixe caldeiras de alto rendemento.

  • Coloca os radiadores debaixo das ventás para favorecer a difusión do aire polo cuarto.Non tapes nin obstrúas os radiadores para aproveitar ao máximo a calor que emiten.

  • Unha temperatura de entre 20 e 22 graos é suficiente para a maioría de persoas. Por cada grao que aumentas a temperatura, increméntase o consumo de enerxía aproximadamente un 7%.

  • Un termóstato permíteche adaptar a temperatura da casa segundo as túas necesidades ao longo do día e en calquera época do ano.

  • Para ventilar completamente os cuartos é suficiente con abrir as ventás 10 minutos.

  • Pecha as persianas e as cortinas pola noite.

 

Illa correctamente a túa casa

Sabías que con pequenas melloras no illamento podes aforrar ata un 30% en calefacción e aire acondicionado?


Algúns consellos para ter a túa casa ben illada:

  • As ventás con dobre cristal ou dobre ventá e carpintarías con rotura de ponte térmica reducen practicamente á metade as perdas de calor e diminúen as correntes de aire, a condensación da auga e a formación de xeada.

  • Procura que as caixas das persianas non teñan fendas e estean convenientemente illadas.

  • Utiliza silicona ou masillas para tapar fendas e diminuír infiltracións de aire nas portas e ventás.

  • Pecha o tiro da cheminea cando non a esteas a utilizar.

 

Elixe ben os teus electrodomésticos

Sabías que os electrodomésticos están etiquetados segundo a súa eficiencia enerxética?
 

Algúns consellos para mellorar a eficiencia enerxética dos teus electrodomésticos:

Os electrodomésticos con etiquetaxe enerxética de clase A son os máis eficientes e poden facerte aforrar moito diñeiro en electricidade durante toda a súa vida útil.

Frigorífico: elixe frigoríficos "non frost". Non compres un equipo máis grande do que necesites. Non introduzas alimentos quentes e limpa polo menos unha vez ao ano a parte traseira e interior. O xeo e a xeada son illantes e dificultan o arrefriamento no interior.

Lavadora: aproveita ao máximo a capacidade da túa lavadora, cárgaa ao completo e utiliza programas económicos ou de baixa temperatura. Limpa regularmente o filtro.

Lavalouza: elixe o tamaño da túa lavalouza en función das túas necesidades e utilízao cando estea completamente cheo. A media carga, usa os programas curtos ou económicos.

Forno: non abras innecesariamente o forno, cada vez perde o 20% da calor acumulada. Xeralmente non é necesario prequecer o forno para coccións superiores a unha hora. Apágao un pouco antes de finalizar a cocción: a calor residual será suficiente para rematar o proceso.

 

Aforra auga

Sabías que a auga sanitaria supón o 20% do consumo enerxético no fogar?
 

Algúns consellos eficientes para aforrar auga:

  • É moi importante que os depósitos acumuladores e as canalizacións de distribución de auga quente estean ben illadas.

  • Non deixes as billas abertas inutilmente, por exemplo cando te afeitas ou lavas os dentes.

  • Evita goteos e fugas. O simple goteo da billa significa unha perda de máis de 250 litros de auga ao ano.

  • Utiliza cabezais de ducha de baixo consumo.

  • Utiliza redutores de caudal nas billas e, se aínda tes billas independentes para a auga quente e fría, cámbiaos por unha única billa de mestura ou "monomando".

  • Cos sistemas de dobre interruptor ou descarga parcial para a cisterna do inodoro aforrarás unha gran cantidade de auga.

  • Unha temperatura da auga entre 30 e 35 graos é suficiente para garantir a sensación de comodidade no teu aseo persoal.

 


Enlaces relacionados:

Aforra papel e dáche de alta en Factura Online