Ofrecémosche toda a información práctica para que poidas resolver as dúbidas máis frecuentes sobre as túas subministracións de gas natural e as túas xestións con Gas Natural Fenosa.

Cal é o teu caso?
 

Voume de aluguer

Aluguei un piso e necesito saber como contratar e dar de alta o gas.

Cambio de nome

Se a vivenda que alugaches ten subministración de gas natural porque o anterior titular non o deu de baixa, deberás cambiar a titularidade do contrato para poñelo ao teu nome. Poderalo facer online doadamente aquí: 

Solicitar cambio de titular do contrato

 Tamén o poderás tramitar nun Centro de Atención de Gas Natural Fenosa ou chamando ao teléfono 900 100 251.

 
Que datos necesitas ter a man para cambiar de nome a subministración?

  • NIF, pasaporte ou permiso de residencia
  • A lectura actual do contador
  • O teu número de conta bancaria para domiciliar o pagamento das facturas

No caso de que non dispoñas de subministración de gas natural porque o anterior titular deu de baixa o contrato, debes solicitar a alta de gas.

Que datos precisas  ter a man para dar de alta a subministración?

  • NIF, pasaporte ou permiso de residencia
  • Contrato de aluguer
  • O teu número de conta bancaria para domiciliar o pagamento das facturas

Lembra que o importe de aluguer do contador varia segundo o seu caudal (m3 hora) e engadirase á túa factura do gas.

Se realizas esta xestión dende un centro de atención presencial será necesario presentar a documentación indicada aquí.
 
Que tarifa me corresponde?
Ofrecémosche
toda a información sobre as diferentes tarifas do gas e luz para que poidas escoller a que máis se adapta ás túas necesidades.

Sabías que...?

...a lexislación vixente obriga o usuario da instalación de gas natural a realizar unha inspección cada 5 anos, para asegurar o seu bo mantemento e conservación?

Se o desexas, podes informarte da inspección periódica obrigatoria aquí.

... dispoñemos dun servizo de mantemento especializado?

  • O servizo de mantemento Servigas ofréceche un servizo anual de mantemento e comprobación da túa instalación, da caldeira ou quentador e outros aparatos de gas.
  • Asistencia as 24 horas do día os 365 días do ano
  • Revisión preventiva anual
  • Servizo de reparación de calquera incidencia relacionada coas túas instalacións de gas natural

Servizo de asesoramento

Se solicitas o mantemento especializado de Servigas contactaremos contigo para concretar unha revisión da túa instalación.

 

Aluguei o meu piso

Aluguei un piso da miña propiedade e non sei como cambiar de nome a subministración de gas ou dalo de baixa. Que debo facer?
 
Se tes unha vivenda con subministración de gas natural e a alugas a outra persoa, é importante que cambies de nome o contrato de subministración ou que o deas de baixa. Se non o fas, as facturas seguirán chegando ao teu nome e serás o responsable legal en caso de non pagamento.

Se queres realizar un cambio de nome:
O novo inquilino da túa vivenda deberá realizar persoalmente o trámite de cambio de nome. Aconsellámoste que comprobes a lectura do contador no momento do traspaso, e que informes a compañía para que se facture o consumo posterior ao novo titular.

Que datos  necesita o novo inquilino para tramitar o cambio de nome?

  • NIF, pasaporte ou permiso de residencia.
  • Número de conta bancaria se quixese domiciliar o pagamento das facturas.
  • A última lectura do contador para poder realizar a facturación de regularización.


Se queres dar de baixa a subministración de gas:
Ten en conta que a baixa da subministración non é efectiva ata que un técnico pase a realizar a lectura de peche e retire o contador. Polo tanto, é importante que solicites a baixa con antelación suficiente para asegurar que aínda lle poderás facilitar ao técnico o acceso ás instalacións. Tras esta visita, na que se terá precintado a subministración e retirado o contador, recibirás unha última factura ao teu nome, que servirá para regularizar o teu consumo ata a data como última factura de liquidación.

Explicámosche
todas as xestións necesarias para dar de baixa a subministración de gas.
 
Sabías que...?

... dispoñemos dun servizo de mantemento especializado?

  • O servizo de mantemento Servigas ofréceche un servizo anual de mantemento e comprobación da túa instalación, da caldeira ou quentador e outros aparatos de gas.
  • Asistencia as 24 horas do día os 365 días do ano
  • Revisión preventiva anual
  • Servizo de reparación de calquera incidencia relacionada coas túas instalacións de gas natural

 

Servizo de asesoramento

Se solicitas o mantemento especializado de Servigas contactaremos contigo para concretar unha revisión da túa instalación.

 

Comprei un piso

Xa me deron as chaves do meu novo piso e quero saber como contratar o gas. Que debo facer?

 
Alta do gas

Se a túa nova vivenda xa ten preparada a instalación de gas natural e queres contratar a subministración, só tes que solicitar a alta de gas.

Un técnico virá á túa casa para inspeccionar a túa Instalación Receptora Individual (IRI) e comprobar que cumpre a normativa vixente, revisando que o gas chega a todos os puntos de consumo e que os aparatos funcionan correctamente. Se a instalación cumpre todos os requisitos, na mesma visita o técnico deixará a instalación lista para a súa utilización e emitirá o Certificado que o acredita.

Que documentación necesitas ter a man para a visita do técnico?

  • NIF, pasaporte ou permiso de residencia.
  • Certificado da instalación individual de gas
  • Certificado de instalación térmica, no caso de ter calefacción a gas.
  • Licenza de 1ª ocupación ou cédula de habitabilidade
  • Documento que vincule o titular coa vivenda (escrituras ou contrato de compravenda).
Se non dispós de instalación de gas natural na túa nova vivenda, podes solicitar a alta de gas. Lembra que o importe de aluguer do contador varia segundo o seu caudal (m3 hora) e se engadirá á túa factura do gas.

Se realizas esta xestión dende un centro de atención presencial será necesario presentar a documentación indicada aquí.
 
Sabías que...?

... dispoñemos dun servizo de mantemento especializado?
  • O servizo de mantemento Servigas ofréceche un servizo anual de mantemento e comprobación da túa instalación, da caldeira ou quentador e outros aparatos de gas.
  • Asistencia as 24 horas do día os 365 días do ano
  • Revisión preventiva anual
  • Servizo de reparación de calquera incidencia relacionada coas túas instalacións de gas natural.

Servizo de asesoramento
Se solicitas o mantemento especializado de Servigas contactaremos contigo para concretar unha revisión da túa instalación.

 

Comprei un piso de segunda man

Comprei un piso de segunda man e non sei por onde empezar para cambiar o nome, contratar o gas, etc. Que debo facer?

 
Alta do gas

Se o anterior propietario deixou preparada a instalación de gas natural pero se non tes subministración e queres contratalo, só tes que solicitar a alta de gas.

Un técnico virá á túa casa para inspeccionar a túa Instalación Receptora Individual (IRI) e comprobar que cumpre a normativa vixente, revisando que o gas chega a todos os puntos de consumo e que os aparatos funcionan correctamente. Se a instalación cumpre todos os requisitos, na mesma visita o técnico deixará a instalación lista para a súa utilización e emitirá o Certificado que o acredita.

Que documentación necesitas ter a man para a visita do técnico?

  • NIF, pasaporte ou permiso de residencia.
  • Certificado da instalación individual de gas
  • Certificado de instalación térmica, no caso de ter calefacción a gas.
  • Documento que vincule o titular coa vivenda (escrituras ou contrato de compravenda).

Se a vivenda que compraches non dispón de instalación de gas natural, podes solicitar a alta de gas e obter un orzamento da nova instalación. Lembra que o importe de aluguer do contador varia segundo o seu caudal (m3 hora) e engadirase á túa factura do gas.


Cambio de nome

Se a vivenda que compraches ten subministración de gas natural porque o anterior titular non o deu de baixa, deberás cambiar a titularidade do contrato para poñelo ao teu nome. Poderalo facer online doadamente aquí:

Cambio de titular do contrato

Tamén o poderás tramitar nun Centro de Atención de Gas Natural Fenosa ou chamando ao teléfono 900 100 251.
 
Que documentación necesitas ter a man para cambiar de nome a subministración?

  • NIF, pasaporte ou tarxeta de residencia
  • A lectura actual do contador
  • O teu número de conta bancaria para domiciliar o pagamento das facturas

Se realizas esta xestión dende un centro de atención presencial será necesario presentar a documentación indicada aquí.
 
Sabías que...?

... podes financiar os nosos produtos?

En Gas Natural Fenosa facilitámosche o pagamento de ata o 100% da instalación de gas, calefacción ou aire acondicionado.
Poderás pagar en cómodos prazos a través da túa factura do gas e, se o desexas, poderás solicitar unha liquidación anticipada do financiamento acudindo a calquera Centro de Atención de Gas Natural Fenosa.
 
 
Enlaces relacionados:
 
Acceso a Área clientes