Dende hai dous anos, a nosa compañía estivo a xerar un proxecto de transformación integral da súa web e que agora ve a luz como o primeiro portal de Gas Natural Fenosa.

Un proxecto de renovación co que a nosa compañía puxo como prioridade o achegamento ao usuario dende todas as perspectivas. Para conseguilo, traballáronse as seguintes liñas

  • O proceso de conceptualización e deseño tivo en conta a metodoloxía denominada Deseño Centrado no Usuario, e foi validado con usuarios finais a través de probas de testaxe real.

  • Procurouse o acceso de todas as persoas independentemente das súas condicións xa sexa de ámbito (ruído, navegadores antigos, conexións lentas,¿) como físicas (deficiencias visuais, auditivas, motoras, de linguaxe ou relacionadas co envellecemento).

  • Tecnoloxicamente, desenvolveuse garantindo o cumprimento das normas UNE e do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).

  • A capa de presentación baseouse nas recomendacións do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza, Nivel 2 (CSS2) e empregouse o estándar recomendado en emprego de código HTML verificando as recomendacións usamos XHTML 1.0 Strict.


Con todo isto, conseguíronse algunhas vantaxes como:

  • Código HTML e Follas de estilo axustadas para garantir a correcta visualización e que fan que a nosa web se adapte aos distintos dispositivos logrando un acceso á información case universal.

  • Ademais, os tamaños de fontes foron definidos con unidades relativas para que se poida ampliar ou diminuír dende o navegador.

  • Navegación con ou sen follas de estilo activadas. Así mesmo, navegación con ou sen JS activado.

Con todo este labor conseguiuse que o noso sistema estea preparado para ofrecerlles o noso contido aos usuarios de forma universal.


Respecto ás funcionalidades ofrecidas, temos que diferenciar tres casuísticas:

  • As funcionalidades sen integración con outros sistemas, que foron desenvolvidas neste proxecto seguindo as pautas indicadas nas normas de accesibilidade.

  • As funcionalidades integradas con outros sistemas: a complexidade técnica de integración con estes servizos imposibilitou o seu desenvolvemento. Neste sentido Gas Natural Fenosa comprométese a seguir traballando para conseguir que todas as súas aplicacións sexan totalmente accesibles.

  • As funcionalidades de terceiros: o noso compromiso coa accesibilidade faise extensible a todas as empresas colaboradoras coas que traballamos. Polo tanto, solicitóuselles a todas elas o seu compromiso e xestión para garantir a accesibilidade das súas aplicacións.