1. O PORTAL GAS NATURAL FENOSA

1.1 A través do Portal Gas Natural Fenosa (en diante, "o Portal") da sociedade GAS NATURAL SDG, S.A. (en diante "a SOCIEDADE"), accesible a través do enderezo URL www.gasnaturalfenosa.es facilítase aos visitantes e usuarios deste, (en diante, os "Usuarios"), o acceso a unha ampla gama de produtos, servizos e contidos relacionados coa subministración e consumo de enerxía e de equipamento e asistencia no fogar (en diante, "os Servizos").

1.2 Os datos identificativos do responsable do Portal son os que figuran a continuación:

GAS NATURAL SDG, S.A.

Plaça del Gas, 1

08003 Barcelona

CIF: A-08015497

Inscrita no Rexistro Mercantil de Barcelona no tomo 22.147, folio 147, folla B-33.172, inscrición 677.

 

2. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO DO PORTAL

O acceso ao portal comporta a lectura previa e aceptación polos usuarios das presentes Condicións Xerais de Acceso e Uso (en diante, "as Condicións Xerais"). Mediante o acceso e a utilización do portal entenderase que o usuario manifesta o seu acordo, de forma expresa, plena e sen reservas, ao contido de todas e cada unha das presentes Condicións Xerais na súa versión publicada no portal no momento do acceso. Se o usuario non estiver de acordo co contido das presentes Condicións Xerais, deberá absterse de acceder ao portal e de operar a través deste. O portal reserva o dereito a modificar as presentes Condicións Xerais advertindo diso aos usuarios mediante os correspondentes avisos no portal, co fin de que os usuarios poidan tomar coñecemento do seu contido dende o primeiro momento.

A contratación e/ou uso de determinados servizos pode requirir a identificación do usuario no portal e a aceptación previa de determinadas condicións particulares que veñen desenvolver, complementar e/ou eventualmente modificar as presentes Condicións Xerais (en diante, "as Condicións Particulares"). Os usuarios deberán ler así mesmo coa máxima atención o contido das correspondentes Condicións Particulares ou outros avisos legais que aparecen no portal.

Como usuario, vostede declara ser maior de idade e/ou dispoñer da capacidade xurídica e de obrar suficiente para vincularse polas presentes Condicións Xerais (e, se é o caso, polas Condicións Particulares que regulen o uso dun determinado servizo) e para utilizar e, se é o caso, contratar os servizos que se ofrecen no portal. O usuario acepta, de forma expresa, plena, sen reservas nin excepcións, que o acceso e a utilización do portal, dos seus servizos e dos seus contidos ten lugar baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

No suposto de que exista algunha contradición entre as condicións xerais de acceso e uso do portal e as correspondentes condicións particulares, prevalecerán estas sobre aquelas, salvo que as condicións xerais resulten máis beneficiosas para o usuario que as condicións particulares.

 

3. CONTIDO DO PORTAL

3.1 O usuario do portal asume, coñece e acepta, polo feito mesmo de visitalo, que os datos e informacións sobre produtos ou servizos, e o resto de datos e informacións contidos no portal, aparecen neste, única e exclusivamente, para efectos informativos, como información de carácter preliminar disposta á atención do usuario, e que nun momento dado poden conter erros, imprecisións ou non estar actualizada.

3.2 A Sociedade reserva o dereito a modificar, á súa discreción e de forma unilateral, en calquera momento e sen aviso previo, a configuración do portal, así como o contido e extensión dos servizos prestados a través do portal e das condicións de acceso a estes. Do mesmo modo, a Sociedade reserva a facultade de incorporar novos servizos e contidos no portal, así como o dereito de eliminar, limitar, suspender ou impedir o acceso aos servizos prestados a través do portal, xa for de xeito temporal ou definitivo, cando concorran os motivos previstos nestas Condicións Xerais.

3.3 A Sociedade informa o usuario de que a través do portal poderá acceder a produtos e servizos ofertados polas empresas que forman parte do grupo Gas Natural Fenosa, así como, se é o caso, a produtos e servizos ofertados por outros terceiros que en cada momento se achen dispoñibles, cuxa contratación polo usuario estará suxeita aos termos e condicións que as devanditas entidades dispoñan en cada momento. A Sociedade non asume responsabilidade ningunha nin dá garantía ningunha sobre os produtos e servizos das referidas entidades.

 

4. CONDICIÓNS PARTICULARES DOS SERVIZOS DO PORTAL

Os servizos ofrécense aos usuarios, con carácter xeral, de forma gratuíta. Non obstante o anterior, algúns servizos poden establecer o pagamento dunha contraprestación determinada, circunstancia que se indicará expresamente nas correspondentes Condicións Xerais ou Particulares do servizo en cuestión.

 

5. IDENTIFICACIÓN COMO USUARIO DO PORTAL

5.1 A contratación e o uso de determinados servizos ofrecidos pola Sociedade requirirá da identificación previa do usuario no portal a través do formulario de identificación que aparecerá no momento de selección do servizo en concreto. De igual modo, a contratación e uso dos servizos específicos que ofrecen outras empresas do Grupo da Sociedade a través do portal requirirá que o usuario cumpra cos requisitos que cada entidade determine e dos que se informará ao usuario dende o portal ou, se é o caso, dende os respectivos sitios web das referidas entidades. Ningún usuario do portal poderá acceder aos produtos e servizos das devanditas entidades sen identificarse previamente como usuario do portal. En todo caso, o usuario manifesta baixo a súa responsabilidade que os datos que achega no formulario de identificación son veraces.

O Usuario procederá á elección do alcume e o contrasinal necesarios para operar no Portal e que o identificarán como usuario rexistrado da SOCIEDADE ou da empresa do Grupo da SOCIEDADE prestadora do Servizo ao que acceda a través do Portal, para todos os efectos (en diante "Usuario Rexistrado").

O alcume e o contrasinal elixidos polo Usuario Rexistrado teñen carácter persoal e intransferible, polo que é obriga do Usuario Rexistrado comunicar a SOCIEDADE ou, no seu caso, a empresa do Grupo da SOCIEDADE, os eventuais cambios que se produzan nos seus datos persoais.

5.2 O usuario obrígase a custodiar dilixentemente e a manter en segredo o alcume e o contrasinal, polo que evitará anotalos e, en xeral, tomará as precaucións necesarias para evitar que sexan coñecidos por terceiros. Será responsabilidade do usuario rexistrado prestar a dilixencia debida para impedir o acceso e/ou utilización dos servizos que contratara por parte de terceiros que accedan ou utilicen no seu nome os códigos ou claves identificativas. Así mesmo, o usuario rexistrado será o único responsable da elección, perda, subtracción ou utilización non autorizada de calquera código ou clave identificativa e das consecuencias que diso se poidan derivar. Non obstante o anterior, o Usuario Rexistrado deberá comunicar á SOCIEDADE ou, se é o caso, á empresa do Grupo da SOCIEDADE, coa maior brevidade, a perda, subtracción ou utilización non autorizada do alcume e o contrasinal que o identifican. A comunicación anterior tamén será esixible cando o usuario teña unha simple sospeita de tales feitos. O portal procederá en tal caso a dar de baixa o usuario rexistrado, sen prexuízo de que este poida iniciar novamente o procedemento de rexistro no portal.

En calquera caso, será responsabilidade do usuario rexistrado o uso axeitado dos servizos contratados e a custodia do nome de usuario e contrasinal, polo que debe absterse de utilizalos con fins ou efectos ilícitos ou contrarios ao establecido nas presentes Condicións Xerais e, se é o caso, nas Condicións Xerais ou Particulares de cada servizo.

5.3 O usuario rexistrado poderá en todo momento darse de baixa de forma inmediata como Usuario do Portal, sen que a devandita decisión poida ter carácter retroactivo, a través do formulario de Atención ao Cliente online que encontrará no menú dereito da Oficina Virtual ou na cabeceira do web, onde debe identificarse como usuario rexistrado.

5.4 O rexistro do usuario no portal implicará a súa aceptación expresa e sen reservas da política de privacidade e tratamento de datos de carácter persoal da Sociedade, tal e como esta se expón no apartado 6 seguinte e no aviso legal que encontrará ao pé do formulario de rexistro do portal.

 

6. DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), e na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, infórmase o usuario do portal do seguinte:


I. Tratamento de datos por parte de GAS NATURAL INFORMÁTICA, S.A.

1 Os datos de carácter persoal que o Usuario facilite ao cubrir os formularios de rexistro que se encontran nas páxinas que integran o dominio http://www.gasnaturalfenosa.es (o "Portal"), ou que no futuro poida facilitar, serán recollidos nun ficheiro automatizado cuxo responsable é a Sociedade do Grupo Gas Natural Fenosa "Gas Natural Informática, S.A.", en diante GAS NATURAL INFORMÁTICA, con domicilio en Plaça del Gas, n.º 1, 08003 de Barcelona. O Usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, nos termos establecidos na lexislación vixente, dirixindo a súa petición a GAS NATURAL INFORMÁTICA, S.A. Departamento de Servizo ao Cliente, con domicilio en Plaça del Gas n.º 1, 08003, Barcelona, coa referencia "LOPD".

2 Así mesmo, infórmase o Usuario que a finalidade do tratamento automatizado ao que van ser sometidos os seus datos é (i) xestionar o bo fin da relación que poida iniciar coa SOCIEDADE ou calquera empresa do seu Grupo, polo que é necesario a cesión dos seus datos de conformidade co disposto no apartado 7, (ii) facilitarlle información por calquera medio sobre os produtos e servizos do Grupo Gas Natural Fenosa, ou aqueles que paulatinamente se vaian incorporando ao Portal, e poderá opoñerse ao devandito tratamento de conformidade co previsto no apartado 7.

3 O feito de non encher por parte do usuario todos os campos que aparecen como obrigatorios nos formularios de rexistro que se encontran no portal pode impedir que se lle dea de alta como usuario, de tal forma que non podería acceder aos produtos e servizos que neste se ofrecen, sen prexuízo de que puidese proseguir coa súa navegación polo portal.

4 O usuario comprométese e queda obrigado a comunicar de forma inmediata a Gas Natural Informática calquera modificación dos seus datos de carácter persoal co fin de que a información contida nos ficheiros de Gas Natural Informática estea en todo momento actualizada e non conteña erros.

5. Ponse en coñecemento do usuario a existencia de cookies: as cookies son pequenos arquivos de texto que almacena o navegador no disco duro do seu ordenador. Ao visitar o portal, o noso servidor poderá recoñecer a cookie e proporcionarnos información sobre a súa última visita. A maioría dos navegadores aceptan a utilización de cookies de forma automática, pero o usuario pode configurar o seu navegador para ser avisado na súa pantalla de ordenador da recepción de cookies e poder impedir a súa instalación no seu disco duro. En calquera caso, se desexa activar a opción de non recibir cookies poderá seguir utilizando o servizo dende o noso sitio web.

6 Mediante a aceptación do aviso legal que encontrará ao encher o formulario de rexistro, o usuario consente que os seus datos poidan ser comunicados a GAS NATURAL SDG, S.A. e ás seguintes sociedades pertencentes ao Grupo GAS NATURAL FENOSA: GAS NATURAL, S.U.R., SDG, S.A., e GAS NATURAL SERVICIOS SDG, S.A. (con domicilio en Plaça del Gas n.º 1, 08003 de Barcelona). As devanditas Sociedades realizan actividades de comercialización de enerxía (gas e electricidade, entre outras), así como outros servizos relacionados coas devanditas actividades, como o mantemento de instalacións de gas e electricidade, equipamento e asistencia no fogar, entre outros. A finalidade da comunicación dos datos facilitados polo Usuario será ben para a xestión da relación contractual que poida iniciar o Usuario con algunha das sociedades indicadas ao solicitar ou contratar algún Servizo, ben para o envío de información e comunicacións comerciais sobre os produtos e ofertas do Grupo Gas Natural Fenosa, ou para a realización de prospeccións relacionadas co sector enerxético.

7 Se o Usuario non desexa que os seus datos sexan comunicados ás empresas indicadas para o tratamento destes, con finalidades publicitarias ou de prospección comercial, pode comunicar a súa decisión a través do enderezo indicado no parágrafo 1 anterior ou a través dos formularios que en cada momento se poñan á disposición do Usuario cando se recollan datos para unha finalidade concreta. A aceptación do usuario para que poidan ser tratados ou comunicados os seus datos, na forma establecida nos parágrafos anteriores, ten sempre carácter revogable, sen efectos retroactivos, conforme ao que dispoñen os artigos 6 e 11 LOPD e 22.2 LSSI*.

8 Gas Natural Informática comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal do usuario e a facer uso destes exclusivamente para as finalidades indicadas no parágrafo 2 anterior. Gas Natural Informática infórmao de que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso de conformidade co previsto no artigo 9 LOPD e no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.

 

II. Tratamento de datos por parte das EMPRESAS COMERCIALIZADORAS DO GRUPO GAS NATURAL FENOSA

1 Para que o Usuario poida contratar e/ou ou xestionar os produtos e servizos que as compañías comercializadoras pertencentes ao Grupo GAS NATURAL FENOSA ofrecen aos seus Clientes a través do Portal, deberá previamente REXISTRARSE e/ou ACREDITARSE a través do Portal como usuario ou cliente da compañía comercializadora da que se trate. Nese caso, GAS NATURAL INFORMÁTICA comunicará os datos persoais de rexistro do Usuario á Compañía comercializadora pertencente ao Grupo GAS NATURAL FENOSA coa que queira contratar ou teña contratado o Servizo coa finalidade de que poidan xestionar a devandita relación contractual.

Os devanditos datos de carácter persoal, e aqueles que no futuro poida facilitar, serán incorporados nun ficheiro automatizado cuxo responsable será a Compañía comercializadora coa que o Usuario contratase, polo que GAS NATURAL INFORMÁTICA actúa como encargado do tratamento conforme establece o artigo 12 da LOPD. Así mesmo, o Usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación vixente, dirixindo a súa petición á sociedade comercializadora coa que contratase no enderezo e polos medios que sinale a devandita sociedade no momento da contratación. Posto que as Compañías comercializadoras teñen intención de remitir aos seus Clientes comunicacións comerciais por calquera medio, a través da aceptación do aviso legal ou as casas habilitadas para o efecto, que encontrará ao cubrir o formulario de rexistro, o Usuario autoriza expresamente á súa Compañía comercializadora a que lle remitan comunicacións promocionais ou publicitarias por calquera medio a partir dos datos que facilitara, agás que manifeste o contrario no formulario que se pon á súa disposición.

2 Igualmente, se o cliente non desexa que os seus datos sexan tratados coas anteriores finalidades publicitarias ou de promoción, calquera que sexa a canle utilizada para tal efecto, pode comunicar a súa decisión na casa habilitada para o efecto no propio formulario ou dirixíndose ao enderezo da sociedade que esta indique no momento da contratación. A aceptación do usuario ten sempre carácter revogable, sen efectos retroactivos, conforme ao que dispoñen os artigos 6 e 11 LOPD e 22.2 LSSI**.

3 As Compañías comercializadoras pertencentes ao Grupo GAS NATURAL FENOSA comprométense a tratar de forma absolutamente confidencial os datos de carácter persoal do Cliente, polo que farán uso destes exclusivamente para as finalidades indicadas. As devanditas Compañías teñen implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso de conformidade co previsto no artigo 9 LOPD e no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.

 

III. OUTROS PROVEDORES

1 No caso de que o Usuario desexe solicitar a contratación dos produtos e servizos de terceiros provedores que se anuncian no portal, ao abeiro do disposto no artigo 11.2.c) LOPD, GAS NATURAL INFORMÁTICA comunicará aos devanditos provedores aqueles datos de carácter persoal do Usuario que sexan necesarios, co fin único e exclusivo de cumprir coa relación de negocio creada. En ningún caso poderán realizar os devanditos terceiros provedores accións comerciais ou de promoción directas aos usuarios nin comunicar os devanditos datos a terceiras persoas ou entidades do seu mesmo grupo, calquera que fose a finalidade da comunicación; recae exclusivamente sobre os devanditos terceiros provedores a responsabilidade que corresponda en caso de incumprimento do anterior.

Con carácter previo á aceptación do presente aviso legal o usuario debeu consultar as "Condicións de Acceso e Uso do Portal" ás que poderá acceder a través da páxina principal do portal.

* Sen prexuízo do disposto no apartado 6. I. do presente Aviso Legal, GAS NATURAL INFORMÁTICA non comunicará os datos de carácter persoal nin remitirá comunicacións comerciais a aqueles Usuarios do PORTAL, ou Clientes de calquera das comercializadoras do Grupo GAS NATURAL FENOSA, que comunicasen a súa oposición á comunicación dos seus datos de carácter persoal e/ou o seu desexo de non recibir comunicacións comerciais.

** Sen prexuízo do disposto no apartado 6.II do presente Aviso Legal, as Compañías comercializadoras non remitirán comunicacións comerciais a aqueles Clientes ou Usuarios do PORTAL, que comunicaran a súa oposición á comunicación dos seus datos de carácter persoal e/ou o seu desexo de non recibir comunicacións comerciais.

 

7. MANIFESTACIÓNS E GARANTÍAS DE CARÁCTER XERAL

7.1 A Sociedade manifesta e garante que o portal dispón da tecnoloxía (software e hardware) necesaria, na actualidade, para permitir o acceso e utilización deste. Non obstante, a Sociedade non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por calquera terceiro, que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos do usuario, nin polas consecuencias prexudiciais que estas poidan producir nos sistemas informáticos do usuario. O usuario acepta plenamente o anterior e comprométese, pola súa parte, a despregar a máxima dilixencia e prudencia cando acceda e utilice os servizos que se ofrecen a través do portal. En particular, aínda que non soamente, o usuario deberá observar as recomendacións de seguridade que se mostra no portal.

7.2 O usuario acepta que o portal foi creado e desenvolvido de boa fe pola Sociedade con información procedente de fontes internas e externas e ofréceo no seu estado actual aos usuarios: poderá, non obstante, conter falsidades, inexactitudes, omisións relevantes, imprecisións ou erratas. A Sociedade, en consecuencia, non garante en ningún caso a veracidade, exactitude, actualidade como tampouco a exhaustividade dos contidos do portal. Por iso, o usuario exonera a Sociedade de calquera responsabilidade en relación coa fiabilidade, utilidade ou falsas expectativas que o portal puidese producirlle ou xerarlle durante a súa navegación por este.

7.3 O usuario garante que calquera actividade por el desenvolvida a través do portal se adecuará á lei, á moral, aos bos costumes aceptados xeralmente e á orde pública, e que en ningún caso resultará ofensiva para o bo nome e imaxe comercial da Sociedade, do Grupo Gas Natural Fenosa, para o resto de usuarios do portal ou para os terceiros provedores de servizos. En particular, o usuario comprométese a utilizar os servizos de forma correcta e dilixente así como absterse de utilizalos con fins ou efectos ilícitos ou prohibidos polas presentes Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar os devanditos servizos, os equipos informáticos de terceiros así como os documentos, arquivos, e toda clase de contidos almacenados nos seus equipos informáticos ou impedir a normal utilización ou gozo dos servizos por parte de terceiros.

7.4 En particular, a título simplemente enunciativo e non limitativo, o Usuario comprométese a non utilizar os Servizos con finalidade de (i) suplantar a identidade dun terceiro; (ii) vulnerar dereitos fundamentais e liberdades públicas recoñecidas na normativa nacional e nos tratados ou convenios internacionais e, en particular, a non lesionar a honra, a intimidade persoal, a imaxe ou a propiedade de bens e dereitos de terceiros; (iii) incitar ou promover accións delituosas, denigrantes, difamatorias, ofensivas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral, aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública; (iv) inducir ou promover actuacións ou ideas discriminatorias por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou crenzas; (v) incorporar, poñer a disposición ou permitir acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delituosos, violentos, pornográficos, ofensivos ou, en xeral, contrarios á lei, á moral ou á orde pública; (vi) vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros; (vii) vulnerar a normativa sobre segredo das comunicacións, normativa de publicidade e/ou normativa de competencia desleal; (viii) transmitir a través do portal con dolo ou culpa correo electrónico, programas ou datos (incluídos virus e software nocivo) que causen ou poidan causar danos ou prexuízos en calquera grao aos sistemas informáticos da Sociedade ou doutros usuarios ou de terceiros, así como falsificar a orixe do correo electrónico ou doutro material contido nun arquivo que se transmita a través do portal; (ix) empregar a información contida no portal con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade e (x) enviar mensaxes non solicitadas dirixidas a unha xeneralidade máis ou menos ampla de persoas con independencia da súa finalidade.

 

8. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE DE CARÁCTER XERAL

8.1 A Sociedade non efectúa manifestacións nin ofrece garantías de ningunha clase, xa sexan explícitas ou implícitas, en canto ao funcionamento do portal ou á información, contido, software, materiais, ou produtos incluídos neste na medida que o permita a lexislación aplicable. Así mesmo, a SOCIEDADE queda exonerada de prestar calquera garantía, xa for explícita ou implícita, incluídas, entre outras, as garantías implícitas de idoneidade para un fin determinado. A Sociedade non será responsable dos danos ou prexuízos de calquera índole que poidan derivarse do uso deste portal, incluídos, entre outros, os danos directos e indirectos.

8.2 A Sociedade non se fai responsable de calquera dano ou prexuízo directo ou indirecto que puidese derivarse da interrupción do servizo por parte do portal así como da súa continuidade. Así mesmo, a SOCIEDADE non se fai responsable dos posibles erros ou deficiencias de seguridade que puidesen producirse pola utilización, por parte do usuario, dun navegador dunha versión non actualizada ou insegura, así como pola activación dos dispositivos de conservación de claves ou códigos de identificación do usuario rexistrado no navegador ou dos danos, erros ou inexactitudes que puidesen derivarse do seu mal funcionamento.

8.3 A Sociedade exclúe toda responsabilidade pola licitude, contido e calidade dos produtos e servizos ofrecidos e/ou comercializados por terceiros a través do portal.

8.4 A Sociedade non outorga garantías de natureza ningunha, nin expresa nin implicitamente, respecto da información que se transmita, distribúa, publique ou almacene no portal, nin da utilización que os usuarios, os seus empregados ou terceiros fagan desta. Así mesmo, a SOCIEDADE non responderá respecto de incapacidade de calquera usuario ou da suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un Usuario.

8.5. En calquera caso de responsabilidade esixible á SOCIEDADE, esta tan só responderá polos danos e prexuízos efectiva e directamente causados por ela, sen incluír en ningún caso compensación por lucro cesante.

8.6. O Usuario responderá polos danos e prexuízos de calquera natureza que a SOCIEDADE poida sufrir como consecuencia, directa ou indirecta, do incumprimento por parte do Usuario das Condicións Xerais.

 

9. VÍNCULOS OU ENLACES HIPERTEXTUAIS CO PORTAL

9.1 Os usuarios ou os titulares doutros sitios web que pretendan crear un enlace de hipertexto (en diante, link) ao Portal deberán asegurar e comprometerse ao respecto das regras da SOCIEDADE sobre enlaces na rede. As devanditas regras consisten en (i) non establecer enlaces a páxinas ou subpáxinas distintas á home page do portal; (ii) non establecer enlaces que permitan a reprodución total ou parcial das páxinas da home page do portal; (iii) non realizar xunto ao link manifestacións falsas, inexactas ou incorrectas que poidan inducir a erro ou confusión ou, en xeral, que sexan contrarias á lei, á moral ou aos bos costumes; (iv) non incluír ningunha marca comercial ou signo susceptible de protección distinto do enderezo de URL do portal e (v) non establecer ligazóns con páxinas que inclúan contidos, manifestacións ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatoria contra os dereitos humanos e en xeral poidan prexudicar de calquera modo o bo nome comercial, ou a imaxe da SOCIEDADE ou dos seus clientes. En calquera caso, a inclusión de vínculos ou enlaces ao portal por parte doutros sitios web non implica que a SOCIEDADE manteña vínculos ou asociación de ningunha clase co titular da web na que se estableza a ligazón nin, tanto menos, que a SOCIEDADE promova, avale, garanta ou recomende os contidos dos devanditos portais ou sitios web.

9.2 Pola súa banda, o portal pode conter vínculos ou enlaces con outros portais ou sitios web non xestionados pola Sociedade. A SOCIEDADE declina calquera responsabilidade polas informacións contidas nos devanditos portais ou sitios web aos que se poida acceder por enlaces ("links") ou buscadores das páxinas web da SOCIEDADE . A presenza de enlaces ("links") nas páxinas web da SOCIEDADE ten finalidade simplemente informativa. Polo tanto, a SOCIEDADE non se responsabiliza nin outorga garantía de ningunha natureza, nin expresa nin implicitamente respecto a: (i) a comerciabilidade, idoneidade, calidade, cantidade, características, procedencia ou orixe, comercialización ou calquera outro aspecto dos produtos ou servizos que se ofrezan e comercialicen a través do portal; (ii) os danos e prexuízos directos, indirectos ou de calquera outro tipo que puidesen xerar os produtos ou servizos que se ofrezan, comercialicen, adquiran, vendan ou presten a través do portal; (iii) os prezos ofertados ou pactados polos usuarios coas entidades oferentes; (iv) nin as transaccións ou operacións que se leven a cabo entre eles; (v) nin do bo fin destas; (vin) nin sobre os termos e condicións que entre eles pacten nos seus negocios e condicións de usos, nin das súas modificacións, cumprimento e execución, facturación, forma e medios de pagamentos e resolución; (vii) nin da aseguramento da entrega dos produtos ou prestación dos servizos; (viii) nin das informacións que entre eles poidan intercambiarse; (ix) nin do contido e uso das informacións de carácter persoal ou non que as devanditas entidades requiran ao usuario para captar e levar a cabo as operacións; (x) nin do contido e uso das informacións de carácter persoal que a SOCIEDADE transmita ás devanditas entidades co único e exclusivo fin de cumprir coa relación de negocio iniciada ou creada, conforme co indicado no aviso que consta ao pé do formulario de rexistro de Usuario (xi) nin da publicidade que poidan facer uso os Usuarios, nin do uso que os Usuarios poidan realizar dos signos distintivos dun terceiro ou dos seus propios.

9.3 Todos os contidos do portal (incluídos, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, patentes, modelos de utilidade e industriais, debuxos, gráficos, arquivos de texto, audio, vídeo e software) son propiedade da Sociedade, ou dos provedores de contidos, despois de, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión, por parte destes, e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual e industrial. A compilación (entendéndose como tal a recompilación, deseño, ordenación e montaxe) de todo o contido do Portal é propiedade exclusiva da SOCIEDADE e atópase protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

9.4 Todo o software utilizado no deseño das pantallas, navegación e uso e desenvolvemento do portal é propiedade da Sociedade ou dos seus provedores de software e encóntrase protexido polas leis nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

9.5 As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos da Sociedade que aparecen no portal son titularidade da Sociedade e están debidamente rexistrados ou en proceso de rexistro. As denominacións doutros produtos, servizos e compañías que aparezan neste documento ou no portal poden ser marcas ou outros signos distintivos rexistrados dos seus respectivos e lexítimos propietarios

9.6. Todos os textos, debuxos gráficos, vídeos ou soportes de audio son propiedade da SOCIEDADE, ou dos seus provedores de contidos, polo que non poden ser obxecto de ulterior modificación, copia, alteración, transformación, reprodución, adaptación ou tradución por parte do Usuario ou de terceiros sen a expresa autorización por parte dos titulares dos devanditos contidos.

9.7 A posta á disposición dos usuarios para o seu uso das bases de datos, debuxos, gráficos, imaxes e fotografías, arquivos de texto, audio, vídeo e software propiedade da Sociedade ou dos seus provedores que figuran no portal non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación en favor do usuario, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do portal.

9.8 Queda terminantemente prohibido calquera uso dos contidos do portal, dos servizos e, en xeral, de todos os dereitos mencionados nas epígrafes precedentes que se realice sen a autorización da Sociedade, incluída a súa explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquera medio, posterior publicación, exhibición, comunicación pública ou representación total ou parcial, as cales, de se produciren, constituirán infracción dos dereitos de propiedade intelectual da Sociedade, sancionados pola lexislación vixente.

 

10. FORZA MAIOR

Para os efectos das presentes Condicións Xerais entenderase por forza maior, a titulo enunciativo pero non limitativo, (i) todo suceso non culposo imposible de prever ou que, previsto ou previsible, for inevitable; (ii) os fallos no acceso ás distintas páxinas web; (iii) os fallos na subministración de rede eléctrica ou telefónica; (iv) os danos producidos por terceiros ou ataques ao servidor do Portal (virus) que afecten á calidade dos Servizos e non sexan imputables nin á SOCIEDADE nin ao Usuario; (v) os fallos na transmisión, difusión, almacenamento ou posta en disposición a terceiros das bases de datos e demais contidos do portal e, (vi) os problemas ou erros na recepción, obtención ou acceso ao portal ou aos servizos por parte dos devanditos terceiros.

 

11. SUSPENSIÓN DO ACCESO AO PORTAL E DOS SERVIZOS

11.1 A Sociedade esforzarase en manter a dispoñibilidade continuada do portal. Non obstante, calquera modalidade de operación de proba, control e mantemento serán libremente elixidas e realizadas pola Sociedade en calquera momento, sexan cales foren os procedementos e medios empregados para levalas a cabo. A Sociedade procurará, sempre que iso sexa razoablemente posible, avisar os usuarios mediante un anuncio no portal da realización dunha operación de mantemento ou outra actividade que puidese afectar ao portal.

11.2 A Sociedade reserva a plena liberdade para modificar as capacidades de transmisión, seguimento ou outros medios ou servizos técnicos utilizados para o acceso ou utilización do portal.

11.3 A SOCIEDADE poderá suspender de forma temporal ou definitiva os Servizos, sen que iso xere ningún tipo de indemnización a favor do Usuario, cando concorra calquera das seguintes circunstancias: (i) cando sexa necesario para realizar labores de mantemento, (ii) cando sexa necesario para preservar a integridade ou a seguridade dos Servizos que se prestan, dos equipos, dos sistemas ou das redes da SOCIEDADE ou de terceiros, sempre que afecten ou poidan afectar aos servizos da SOCIEDADE, (iii) cando así o xustifiquen razóns operativas propias ou de terceiros que afecten á prestación dos Servizos da SOCIEDADE; (iv) cando exista unha causa de forza maior, a Sociedade procurará manter informado o usuario da suspensión e das súas causas, sempre que sexa posible.

 

12. TERMINACIÓN

O Portal poderá dar por rematadas as Condicións Xerais de uso sen necesidade de ningún aviso previo ao Usuario cando: (i) teña coñecemento da realización por parte do usuario dalgunha actividade ilícita a través dos servizos; (ii) o usuario incumpra algunha das súas obrigas esenciais, segundo estas Condicións Xerais, e especialmente en caso de uso indebido do código de acceso; e en caso de vulneración ou impugnación dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do portal, todo iso sen prexuízo do exercicio de cantas accións legais lle correspondan en defensa dos seus intereses.

 

13. NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS

Se calquera cláusula das presentes Condicións Xerais fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou á parte desta que resulte nula ou ineficaz e subsistirá, en todo o demais, o resto de Condicións Xerais, ademais de considerarse tal disposición ou a parte desta que resulte afectada por non posta, salvo que, por resultar esencial ás presentes Condicións Xerais, debese afectalas de forma integral.

 

14. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

14.1 As presentes Condicións Xerais interpretaranse e rexeranse de conformidade coa lexislación española.

14.2 Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Condicións Xerais, serán competentes os xulgados e tribunais do domicilio do usuario en España.