As tarifas de último recurso para consumidores vulnerables aplicaranse a aqueles consumidores que teñan a condición de vulnerables: as vivendas con menos recursos, as familias numerosas e outros colectivos que poidan beneficiarse do Bono Social.

O prezo da tarifa de último recurso será o PVPC descontando o Bono Social, que é unha redución do 25 % en todos os termos que o compoñen.

Os clientes con Bono Social non se poden acoller ao prezo fixo anual sen perder o devandito Bono Social.

O Bono Social eléctrico ten unha duración indefinida agás que a túa situación cambie e perdas as condicións que che dan dereito a el. Neste caso, deberás comunicalo de inmediato á túa Comercializadora de Referencia para evitar unha penalización. 
 

Quen se pode acoller á Tarifa Último Recurso para consumidores vulnerables?

  • Fogares cunha potencia contratada inferior a 3kW: se o enderezo do punto de subministración é a vivenda habitual do cliente, e dispón dunha potencia < a 3kW. Descargar o impreso de solicitude <3kW aquí

  • Pensionistas con 60 ou máis anos que perciban unha pensión mínima por xubilación, incapacidade permanente ou viuvez. Descargar o impreso de solicitude para pensionistas aquí

  • Familias numerosas.  Descargar o impreso de solicitude para familias numerosas aquí

  • Familias con todos os seus membros en situación de desemprego.  Descargar o impreso de solicitude para desempregados aquí


Para acollerte á Tarifa Último Recurso para consumidores Vulnerables o punto de subministración debe estar contratado en Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. e acreditar que cumpre os requisitos para solicitar o desconto do Bono Social.

Se se deixan de cumprir as condicións que permiten gozar do bono social hai que comunicalo inmediatamente xa que se non se aplicará unha recarga do 10%. Descargar o impreso de baixa aquí
 

Como solicitar o desconto do Bono Social?

Descarga o impreso correspondente, éncheo e envíanolo por algunha destas vías:
 

  • Correo postal:

Gas Natural Fenosa
Bono Social (indicar tipo: potencia <3kW/Pensionista/Desempregado/Familia Numerosa)
Apartado n.º 61084
28028 Madrid

  • Fax: 93 463 09 06

  • Email: bonosocial@gasnatural.com

  • Centros de atención a clientes: localiza o máis próximo dende aquí.


Para solicitar o desconto do bono social podes elixir a comercializadora de referencia que prefiras. 
 


« Volver a Outras Tarifas