A tarifa de último recurso é o prezo regulado ao que os comercializadores de último recurso venden o gas natural ao consumidor final. A tarifa de último recurso a fixa a Administración.

Poderán acollerse á tarifa de último recurso aqueles consumidores conectados a gasodutos cuxa presión sexa menor ou igual a 4 bar e cuxo consumo anual sexa inferior a 50.000 kWh.

Existen dúas tarifas de último recurso dependendo do consumo anual do cliente:

  • T.1 para un consumo inferior a 5.000 kWh/ano. Este rango de consumo é o habitual nunha vivenda con cociña e/ou quentador de auga de gas natural.

  • T.2 para un consumo superior a 5.000 kWh/ano e inferior ou igual a 50.000 kWh/ano. Este rango de consumo é o habitual nunha vivenda con calefacción de gas natural.


Se o desexas, tamén poderás optar por contratar a subministración a un prezo e unhas condicións libremente pactados cun comercializador.

Podes consultar diferentes aspectos do mercado de gas natural, a lista completa de comercializadores de gas, incluído os de último recurso, e os seus correspondentes teléfonos de atención ao cliente, na páxina web da CNMC (área de Enerxía/Consumidores/Gas Natural); ou chamando ao teléfono 91 432 96 00.


Tarifas de Último Recurso (TUR) de subministración de gas natural

Resolución do 23 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pola que se publica a tarifa de último recurso de gas natural.


Tarifa TUR 1:

  • Consumo habitual: Vivenda con cociña e/ou quentador de auga de gas natural.

  • Consumo anual: C <5.000 kWh

  • Tarifas gas M.R.: 3.1 

  • T. Fixo €/mes: 4,340000

  • T. Variable *€/kWh: 0,04824488


Tarifa TUR 2:

  • Consumo habitual: Vivenda con calefacción de gas natural.

  • Consumo anual: 5.000 < C <50.000 kWh

  • Tarifas gas M.R.: 3.2

  • T. Fixo €/mes: 8,670000

  • T. Variable *€/kWh: 0,04137088


Podes contratar a tarifa de último recurso connosco chamando ao teléfono gratuíto 900 29 29 29.

 

« Volver a Outras Tarifas

 

Ficheiros relacionados:

Condicións xerais do contrato – TUR (PDF 36 Kb)