Plan de pagamentos fixos

Paga o mesmo importe cada mes. Recibirás unha factura única para todos os servizos que teñas connosco a un prezo fixo mensual cunha soa regularización anual. Aproveita as vantaxes de ter 11 mensualidades con cota fixa e 1 mensualidade de regularización no mes 12.

Para calcular o importe da túa cota fixa, faremos unha estimación do teu consumo anual, segundo o teu consumo histórico e o equipamento do teu fogar. E revisarémola cada ano para adaptala aos teus hábitos de consumo.

A cota de regularización ten lugar no mes 12 e é a diferenza entre o importe pagado durante os 11 meses anteriores e o importe total do teu consumo real ao final do mes 12.

  • Se a cota de regularización é superior á túa cota fixa, poderás fraccionar o pagamento.

  • Se a cota de regularización é negativa porque as túas cotas fixas foron superiores ao teu consumo real final, ingresarémoste directamente a diferenza.


Solicita xa o teu Plan de Pagamentos Fixos chamando ao 900 100 251​.

Recorda que para beneficiarte das vantaxes do Plan de Pagamentos Fixos debes ter o pagamento domiciliado nunha conta bancaria.
 

Financiamos os teus equipos

Financiamento do 100% do custo do equipamento e a instalación do aire acondicionado ata en 5 anos, sen trámites nin avais.

Pagamento a través da factura de enerxía en cómodas cotas.

 

Ten en conta que: O Plan de Pagamentos Fixos non é aplicable a subministracións de electricidade con potencia contratada maior a 10 kW nin subministracións de gas cun consumo anual superior a 50.000 kWh. Para consumos superiores a 50.000 kWh/ano, consulta o noso portal de Negocios. O Plan de Pagamentos Fixos tamén é aplicable só a subministracións de gas natural.



Enlaces relacionados:

Financiamos a túa caldeira nova

Financiamos o aire acondicionado