Funcionamento sinxelo e eficaz: os radiadores reparten a calor de forma homoxénea por toda a casa.

Calor a túa medida: o termóstato permite regular a temperatura e axustar os horarios de acendido e apagado automaticamente, polo que se consegue un aforro no teu consumo.

Instalación rápida e sinxela: un instalador ocuparase de que todo estea listo para funcionar nun par de días e sen grandes obras.

Ambiente máis san: a diferenza dalgúns sistemas de aire, os radiadores non consumen o aire interior da vivenda nin supoñen ningún problema para persoas con afeccións alérxicas ou respiratorias.

Financiamento ao 100%: a túa nova calefacción de gas natural sen trámites nin avais e para que a poidas pagarla en cómodas cotas xunto ás túas facturas de gas.


Aquí informámosche das ofertas dispoñibles na túa comunidade, para que poidas aproveitar vantaxes exclusivas. 
   
Cunha instalación rápida e sen apenas obras, a calefacción de gas natural permitirache manter unha temperatura confortable e homoxénea ata o último recuncho do teu fogar, regulando a temperatura segundo as túas necesidades ao longo do día, e con todas as vantaxes da enerxía máis limpa e económica do mercado.

E con Servigas terás o servizo de mantemento experto que cobre a revisión preventiva anual obrigatoria da caldeira, o circuíto hidráulico, os radiadores e aparatos de gas que establece a normativa RITE RD 1027/2007 do 20 de xullo de 2007.

 

Condicións de financiamento da calefacción

Gas Natural Servicios SDG, S.A. (GNS), a través de “Caixabank Consumer Finance E.F.C., S.A.U.”, facilita o pagamento do custo da instalación da calefacción e do equipamento (importe mínimo 500 € e máximo 3.000 €, IVE incluído), a 5 anos ao 9% de xuro (9,381% TAE). Sen comisións. Financiamento exclusivo a clientes de Gas Natural Servicios SDG, S.A.



Enlaces relacionados:

Consulta como purgar radiadores