Sabías que dende o 1 de xuño de 2013 todos os edificios que se vendan ou aluguen en España deberán contar cun Certificado de Eficiencia Enerxética?

A clasificación dos edificios en función do seu consumo enerxético e emisións de CO2, busca crear edificios e casas de alta eficiencia enerxética. E isto, a partir de agora, controlarase a través do Certificado de Eficiencia Enerxética.

Que é o certificado de eficiencia enerxética?

É o documento que reflicte o consumo enerxético dunha vivenda, local, oficina ou edificio. Ten unha validez de 10 anos e é o propietario o responsable de solicitalo. Ter un certificado é obrigatorio para a venda ou aluguer dun local ou vivenda e a súa ausencia pode incorrer nunha multa.

Para que serve?

O certificado de eficiencia enerxética serve de información para futuros inquilinos e compradores. Informa sobre o comportamento enerxético dun inmoble, é dicir, canto mellor sexa este comportamento, máis baixas serán as facturas de luz e gas. Ademais, incorpora un número suficiente de medidas, recomendadas polo técnico competente, para que o inmoble consuma menos e se reduzan os importes das facturas.

Que inmobles necesitan ser certificados?

Todos aqueles inmobles que se poñan en venda ou alugamento que non dispoñan xa do seu certificado enerxético en vigor.

Dende 2007 xa é obrigatorio o certificado enerxético para edificios de nova construción.


Solicítao agora:

900 834 324

 

Prezos dos tramos do Certificado enerxético:

O prezo Certificado enerxético varía segundo a superficie que teña a vivenda da cal se quere obter:
  • Ata 79 m2: 119,79 €

  • 80 - 119 m2: 140,36 €

  • 120 - 179 m2: 173,03 €

  • > 180 m2: 239,58 €