Produce a túa propia enerxía con paneis fotovoltaicos 

As instalacións fotovoltaicas son a mellor solución para que poidas xerar e consumir a túa propia enerxía do xeito máis sinxelo.

Dende Gas Natural Fenosa queremos axudarte a aforrar grazas á enerxía do sol, por iso:

Realizamos un estudo de viabilidade e custos da túa instalación e axudámoste a decidir a mellor opción.

Axudámoste a coñecer o potencial de aforro na túa factura eléctrica grazas á instalación de placas fotovoltaicas.


Goza de todos os beneficios das placas fotovoltaicas:

Contribuirás a mellorar o medio, porque utilizarás enerxía renovable libre de emisións de CO2.

Contribuirás a mellorar a cualificación enerxética da túa vivenda.

As instalacións fotovoltaicas requiren pouco mantemento.

O actual marco legal permíteche elixir entre varias opcións segundo sexan as túas necesidades.

 
Que preciso para poder instalar placas fotovoltaicas?
  • Ter superficie dispoñible en cuberta ou terreo anexo.

  • Espazo dispoñible orientado ao sur.

  • Que o consumo de enerxía eléctrica no teu fogar se produza durante as horas nas que loce o sol.

 
Que son as instalacións fotovoltaicas?

 

As instalacións fotovoltaicas son capaces de captar a enerxía proveniente do Sol e transformala en enerxía eléctrica aproveitable para o consumo. A enerxía que xeran é renovable, e non requiren de reaccións químicas nin o uso de combustibles para funcionar. O seu compoñente básico é o panel fotovoltaico, que aproveita un efecto físico para transformar a luz en electricidade de baixa voltaxe. Esta electricidade transfórmase posteriormente ata a voltaxe axeitada para o seu uso por aparatos eléctricos.

Como a súa base é modular, poden construírse dende pequenos paneis para tellados ata grandes plantas directamente sobre o terreo, o que a fai adecuada para un amplo abano de usuarios.

 
Para máis información, solicite un estudo gratuíto e sen compromiso:
   

Ficheiros relacionados:

Tipos de instalación (PDF 324 Kb)