Emerxencias

Información e contacto en casos de emerxencia

Emerxencias de gas

  • Como actuar se ule a gas?

    Airear o local e saír das instalacións.

    Pechar os mandos dos aparellos de gas e a chave xeral de paso.

    Non manipular aparatos eléctricos nin interruptores.

    Chama o teléfono de emerxencias 900 750 750 e acudiremos rapidamente a inspeccionar a túa instalación.

    Evita xerar faíscas ou chamas de calquera modo.

    Esperar a volver abrir a chave de paso ata que a incidencia se solucione.

  • Que facer se non tes gas?

    Comproba que os mandos dos aparatos (cociña, quentador, caldeira, etc.) están pechados.

    Verifica que o resto das chaves de paso de gas, se as houbese, están abertas. Se non o están, abrilas.

    Esperar un mínimo de 15 minutos (mantendo as chaves de gas abertas e os mandos dos aparatos pechados). Pasado este tempo, comproba se hai gas acendendo a caldeira ou un lume da cociña do teu negocio.

    Contactar co teléfono de Emerxencias 900 750 750, se tras realizar as comprobacións anteriores continúas sen gas.

    Recorda que o Servizo de Atención de Emerxencias non cobre a reparación da instalación de gas a partir da chave de acometida do edificio, agás que a devandita instalación fose propiedade de Gas Natural Fenosa. No interior do negocio correspóndelle ao usuario manter a instalación en perfecto estado, así como facer un uso axeitado desta.

Emerxencias de electricidade

  • Como actuar en caso de accidente eléctrico?

    Se podes, corta a fonte de alimentación da corrente. Se non, colle á vítima pola roupa e tira dela sen entrar en contacto coa súa pel. Se fose necesario, cobre as partes núas con roupa seca antes de tocalo.

    En caso de incendio eléctrico, utiliza un extintor para apagar o lume.

    Se se produce unha queimadura localizada, antes de tratala hai que lavar as mans coidadosamente. Arrefría a queimadura con auga ou xeo, limpa ao seu arredor cunha compresa húmida e estende unha solución antiséptica. Finalmente, cúbrea cunha compresa estéril e algodón. Non toques directamente a queimadura nin abras as ampolas ou vexigas que se formen nela. Se a queimadura é importante, non poñas cremas e acude a un centro de asistencia médica.

  • Quen é a responsable da calidade da subministración eléctrica?

    A distribuidora de cada zona é a responsable da calidade da subministración eléctrica, polo que deberás poñerte en contacto con ela. En caso de ser Unión Fenosa Distribución, podes chamar o teléfono 900 333 999.

    Ten en conta que as instalacións eléctricas interiores son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría da instalación interior, pódeseche enviar un operario especializado para a reparación, pero os custos irán ao teu cargo.

  • Se tras facer as comprobacións anteriores continúas sen gas, contacta co servizo de emerxencias.
     

    900 750 750

  • A distribuidora de cada zona es a responsable da calidade da subministración eléctrica. En caso de ser Unión Fenosa Distribución, podes chamar o teléfono
     

    900 333 999

Ligazóns relacionadas:

Teléfonos de contacto

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.