Inspección periódica

O mantemento, a conservación e o bo uso da instalación.

Persoal da inspección

  • Cando e quen debe realizar a inspección da miña instalación?


    As instalacións de gas natural deben ser inspeccionadas periodicamente conforme á lexislación vixente, "As empresas instaladoras de gas habilitadas ou os distribuidores de gases combustibles por canalización deberán efectuar cada 5 anos unha inspección das instalacións receptoras dos usuarios”  (Real decreto 984/2015, do 30 de outubro).


    En caso de que a túa distribuidora sexa Gas Natural Distribución, as visitas prográmanse con varios días de antelación e infórmase da data na que se realizará a inspección mediante cartas aos titulares e carteis de aviso no predio.

    Consulta como identificar o noso persoal.

Lembra que...

 
O persoal de inspección debe ir sempre debidamente acreditado.
pagamento da inspección da instalación individual efectúase a través da factura do gas, nunca no momento da inspección.
En caso de detectar anomalías na túa instalación, podes pedir o xustificante de corrección de anomalías.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.