Seguridade da túa instalación

Consellos de seguridade para a túa instalación


 


Consellos de seguridade de gas

   Como manter a instalación de gas en bo estado

 

Poñer atención á instalación: a chama debe ser azul e estable. Evita que se apaguen os fogóns mentres cociñas. Avisa ao servizo técnico do fabricante se a chama tisna as cazolas. Vixía o estado dos tubos flexibles dos aparatos e que estes sexan de alta seguridade.

Manter a instalación ao día: tes a obriga de ter a túa instalación en bo estado. A compañía distribuidora debe realizar a inspección da instalación de gas e o usuario, facilitar o acceso para poder realizala.

Manter unha ventilación axeitada: comproba que as reixas de ventilación e a saída de gases dos aparatos están en perfectas condicións.

Pechar a chave de paso en ausencias prolongadas para previr accidentes.

En mans de profesionais: recorda que só unha empresa instaladora autorizada pode facer ou modificar unha instalación de gas.


Se tes dúbidas sobre o mantemento ou o correcto funcionamento da túa instalación, chámanos
 

900 100 251


Consellos de seguridade de electricidade

    Mantén a túa instalación eléctrica con seguridade

 

Cortar a luz do teu negocio ante calquera incidencia.

Pregúntanos se tes dúbidas sobre o mantemento ou o correcto funcionamento da túa instalación chamando o 900 100 251.

Evitar o contacto con equipos eléctricos coas mans e pés mollados. Comproba que o aparato non estea mollado. Nos aseos, as canalizacións, desaugadoiros, cercos metálicos de portas e ventás, radiadores, etc., teñen que estar conectados entre si e á rede de terra.

Comprobar que a tensión dos teus electrodomésticos é a adecuada e que dispós de suficiente potencia eléctrica contratada.

Se necesitas manipular os electrodomésticos, desconéctaos tirando da caravilla illante que os conecta á parede.

Situar os electrodomésticos a unha distancia prudencial da parede para evitar o sobrequentamento. Se aparece fume ou algún olor fóra do habitual, desconéctaos inmediatamente e fainos revisar por un técnico.

No exterior, cómpre ter precaución coas infraestruturas eléctricas como torres, postes de electricidade e casetas de transformación.

Comprobar que o interruptor xeral e o cadro de mando e protección están situados nun punto doado de acceso.

Non usar nunca aparatos con cables pelados, caravillas rotas, enchufes deteriorados, etc.

Polo menos unha vez ao mes, comprobar que o diferencial funciona correctamente.

Non bloquear os interruptores automáticos, para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.

Se un aparato che dá "cambras", desenchúfao inmediatamente e chama un técnico.

Non sobrecargar as instalacións eléctricas e non poñer cables eléctricos debaixo das alfombras.

Utilizar un enchufe para cada receptor, cando sexa posible. As conexións múltiples poden producir sobrequentamentos.

Revisar que as luces funcionan correctamente e afástaas de cortinas e paredes.

Non colocar pantallas ou percorrido de cables preto de focos de calor.


Ligazóns relacionadas:

Inspección periódica

Emerxencias

 

Ficheiros relacionados:

Descarga os consellos de seguridade (PDF 110 kB)

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.