Gasconfort

A mellor solución para o teu negocio

O teu negocio recibe grandes
ofertas de enerxía que se
extinguen co tempo


Cámbiate a gas natural e consigue, 
para sempre, ata un...

...36% de aforro

As túas instalacións son antigas ou seguen funcionando con combustibles ineficientes como o gasóleo ou o carbón? Cambia a gas natural e consigue ata un 36%1 de aforro para sempre.

Gas Natural Fenosa ofrece solucións enerxéticas para o teu negocio, o que permite renovar instalacións sen realizar un investimento inicial e co que se obteñen aforros enerxéticos e económicos dende o primeiro día.

Esta solución responde ás necesidades enerxéticas da túa empresa sexan cales foren, o que permite externalizar a sala de caldeiras, adecuala á normativa vixente, cambiar o combustible por gas natural ou, simplemente, obter a súa máxima eficiencia grazas a unha óptima xestión.

Gas Natural Fenosa ocúpase de todas as operacións para o correcto funcionamento das instalacións.

 

Beneficios de Gasconfort


Un servizo integral que permitirá ao teu negocio...

Renovar as túas instalacións e despreocuparte da súa xestión.

Obter a máxima eficiencia grazas a un completo plan de mantemento.

Conseguir o nivel de confort desexado .
 

Ademais de reducir a factura enerxética...

Aforro inmediato. Poderás minimizar a cantidade de combustible utilizado para cubrir todas as túas necesidades enerxéticas e poderás reducir así as túas facturas enerxéticas.


… e gozar de múltiples beneficios

Único interlocutor. Gas Natural Fenosa como único interlocutor para a instalación, o mantemento e o consumo.

Sen investimentos iniciais2. Gas Natural Fenosa asume o custo.

Elevada eficiencia das instalacións. Gas Natural Fenosa farase cargo de todas as avarías e do rendemento das novas instalacións3.

Asistencia continúa. Servizo de asistencia 24 horas e 365 días ao ano.

Telexestión e máxima seguridade. A túa instalación estará sempre controlada dende as nosas oficinas.

Comodidade de pagamento. Co plan de pagamentos fixos, pagarás o mesmo importe cada mes cunha regularización ao final do ano.

Ambientais. As emisións de CO2 do gas natural son un 25% menores que as do gasóleo e un 40% menores que as do carbón.

 

 

Por que contratar con Gas Natural Fenosa?

Porque contarás coa confianza dun experto.

Porque a execución da obra se realizará con total profesionalidade e responsabilidade.

Porque te sentirás seguro sabendo que a xestión da instalación está en boas mans.

 

E ademais...

Porque pode acollerse a un cómodo plan de pagamentos fixos para repartir os gastos do inverno ao longo do ano.



Para máis información, chámanos o 900 40 20 20.
 

Se tes algunha dúbida, escríbenos. Estamos á túa disposición:

Escríbenos

« Volver a Catálogo de Solucións
(1) O % de aforro dependerá da situación actual da instalación do cliente e a tecnoloxía concreta que se implante. (2) Non se realizará o mantemento correctivo daqueles equipos do cliente que non fosen instalados por Gas Natural Fenosa. O cliente deberá reparar as avarías debidas a estes equipos ou instalacións. | (3) Sen investimento inicial para o cliente, os custos da instalación amortízanse na cota fixa anual.
 
Ficheiros relacionados:

Descarga toda a información de Gasconfort (PDF 375 kB)

Coñece os casos de éxito de Gasconfort (PDF 381 kB)

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.