Opción Biomasa

Onde o gas natural non chega, Biomasa




   Aforro
+ redución de emisións
= Biomasa

 
 

Onde o gas natural non chega, Biomasa

Opción biomasa é a solución renovable coa que poderás renovar as túas instalacións para que funcionen con biomasa. Gas Natural Fenosa ofréceche unha xestión integral que inclúe:

 Renovación e transformación da instalación: realización do proxecto, renovación do equipamento, construción da sala de caldeiras de biomasa, execución da obra e legalización das instalacións.

 Adecuación das instalacións á normativa vixente.

 Funcionamento estable, económico e eficiente da túa instalación. Por ese motivo, convértese na solución enerxética máis aconsellable para granxas e hoteis rurais.

 Subministración garantida de pellets certificados (Enplus) ou estela certificada coa mellor relación calidade-prezo.

 Transporte e loxística da subministración da biomasa.

Facturación por combustible ou por consumo de enerxía útil (calefacción e/ou auga quente/calor de proceso/vapor).

 Atención personalizada.

 Telexestión e control informático central da instalación.

 Mantemento preventivo e a todo risco


Todo para que as túas instalacións operen coa máxima eficiencia enerxética e só teñas que ocuparte de gozar da túa calefacción, auga quente e calor de proceso.


Beneficios de Opción Biomasa

Non ter que realizar investimentos iniciais, xa que Gas Natural Fenosa che proporciona ata o 100% de financiamento.

Gozar con toda tranquilidade da túa instalación, grazas á garantía de subministración continua de biomasa e a monitorización 24 horas/365 días ao ano da instalación.

Beneficiarte das subvencións dispoñibles. Gas Natural Fenosa ocúpase de toda a tramitación.

Contribuír ao medio, sabendo que estás a utilizar enerxía renovable e só biomasa certificada Enplus.

Beneficiarte dun rendemento óptimo das instalacións, porque Gas Natural Fenosa instala só caldeiras de biomasa de primeiras marcas e realiza un mantemento preventivo e a todo risco durante toda a duración do contrato.

 A tranquilidade de conseguir un funcionamento estable, económico e eficiente para a instalación do teu negocio rural como granxas e hoteis rurais.

 

Para máis información, chámanos o 900 40 20 20.

Para consultas ou contratacións:

Escríbenos

  
« Volver a Catálogo de Solucións

 

 

Arquivos relacionados:

Descarga toda a información

Ligazóns relacionadas:

Eficiencia enerxética para empresas

 
 
Coñece máis detalles de Opción biomasa visualizando o seguinte vídeo:
 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.