Opción Fotovoltaica

Produce a túa propia enerxía con paneis fotovoltaicos

Enchúfate á enerxía do sol,
opciónfotovoltaica



 

As instalacións fotovoltaicas son a mellor solución para que poidas xerar e consumir a túa propia enerxía do xeito máis sinxelo.
 

Dende Gas Natural Fenosa queremos axudarte a aforrar grazas á enerxía do sol, por iso:

 Realizamos un estudo de viabilidade e custos da túa instalación e axudámoste a decidir a mellor opción. 

 Axudámoste a coñecer o potencial de aforro na túa factura eléctrica grazas á instalación de placas fotovoltaicas.

 

 

Que preciso para poder instalar placas fotovoltaicas?

 Ter superficie dispoñible en cuberta ou terreo anexo.

 Espazo dispoñible orientado ao sur.

Que o consumo de enerxía eléctrica no teu edificio se produza durante as horas nas que loce o sol.

 

Que son as instalacións fotovoltaicas?

As instalacións fotovoltaicas son capaces de captar a enerxía proveniente do Sol e transformala en enerxía eléctrica aproveitable para o consumo. A enerxía que xeran é renovable, e non requiren de reaccións químicas nin o uso de combustibles para funcionar. O seu compoñente básico é o panel fotovoltaico, que aproveita un efecto físico para transformar a luz en electricidade de baixa voltaxe. Esta electricidade transfórmase posteriormente ata a voltaxe axeitada para o seu uso por aparatos eléctricos.

Como a súa base é modular, poden construírse dende pequenos paneis para tellados ata grandes plantas directamente sobre o terreo, o que a fai adecuada para un amplo abano de usuarios.

 

Goza de todos os beneficios das placas fotovoltaicas:

Contribuirás a mellorar o medio ambiente, porque utilizarás enerxía renovable libre de emisións de CO2.

Contribuirás a mellorar a cualificación enerxética do teu edificio.

As instalacións fotovoltaicas requiren pouco mantemento.

O actual marco legal permíteche elixir entre varias opcións segundo sexan as túas necesidades.  


Tras a publicación do RD 900/2015 de autoconsumo, definíronse dúas novas modalidades, Tipo 1 e 2, ademais do modo "illado de rede", polo que quedan no marco global tres modalidades baixo as que as instalacións fotovoltaicas poden funcionar:


Instalacións illadas de rede eléctrica: o edificio debe abastecerse 100% de sistemas de xeración propios sen soporte de rede.
 

  • Tipo 1: Aplica cando as instalacións de xeración de enerxía eléctrica están destinadas ao consumo propio e non se dan de alta no rexistro de produción, polo que non se percibe contraprestación por verter á rede. Existe un único suxeito, o consumidor, e as instalacións deben cumprir dúas características: primeiro, que a suma das potencias instaladas de xeración sexa inferior ou igual á potencia contratada e, segundo, que esta non sexa superior a 100 kW. Para máis información, fai clic aquí. 

  • Tipo 2: Aplica cando a ou as instalacións de xeración de enerxía eléctrica están dadas de alta no rexistro de produción (rexistro administrativo de instalacións de produción de enerxía eléctrica conectadas), polo que percibe contraprestación por verter á rede. Existen dous suxeitos, o consumidor e o produtor. As instalacións deben cumprir dúas características, que a suma das potencias instaladas de xeración sexa inferior ou igual á potencia contratada e, ademais, deben ser titularidade da mesma persoa física ou xurídica (produtor). Para máis información, fai clic aquí


Para máis información, solicita un estudo gratuíto e sen compromiso ou chama o 900 40 20 20.


« 
Volver a Catálogo de Solucións

 
Ligazóns relacionadas:

Eficiencia enerxética para empresas

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.