Opción GNL

Goza, esteas onde esteas, das vantaxes do gas natural






 

 


Goza, esteas onde esteas, das vantaxes de gas natural
Ata o
35% de aforro na túa factura enerxética

Goza, esteas onde esteas, das vantaxes do gas natural

Coa Solución Opción GNL (Gas Natural Licuado), a túa empresa poderá cubrir, á vez, todas as súas necesidades enerxéticas (calefacción, auga quente sanitaria, calor para procesos industriais ou usos directos en cociñas, fornos...) utilizando gas natural, aínda que se encontre lonxe da rede canalizada.

Gas Natural Fenosa ofréceche a subministración de enerxía en contratos a longo prazo coa seguridade dun aprovisionamento continuo, facéndose cargo da loxística de aprovisionamento do combustible así como da infraestrutura do almacenamento.

 

Que é GNL?

GNL é gas natural que foi procesado para ser transportado en forma líquida, que o converte na mellor alternativa para empresas situadas fóra da rede de distribución.

Transpórtase en camións cisterna nunhas condicións de presión e temperatura (sobre os -70 ºC), que fan que o gas estea en estado líquido (ocupando menos espazo, o que permite transportar máis cantidade).

A telexestión online de Gas Natural Fenosa supervisa todo o proceso, asegurando o correcto funcionamento do servizo, o que permite reaccionar ante calquera imprevisto.

Unha vez que a cisterna chega ás instalacións do cliente, inxéctase no depósito no mesmo estado líquido; e, para o seu uso final, pasa polos regasificadores nos que o gas licuado gaña temperatura e presión e se volve transformar en gas.

A continuación, entra na estación reguladora onde alcanza a presión de subministración adecuada e chega ao cliente, a través da liña receptora, listo para o seu consumo nas mesmas condicións que o gas canalizado.

O cliente poderá gozar dun combustible con alto poder calorífico e limpo, non produce residuos nin emisións tan contaminantes como o gasóleo ou outros gases con máis carbóns.

A contraprestación económica baséase nun termo fixo (dispoñibilidade de servizo) e un termo variable (enerxía consumida).

 

Beneficios de GNL

 Máis eficiencia da instalación. Utilizando gas natural necesitarás menos combustible para producir a mesma enerxía.

 Aforro económico. O custo por kWh é substancialmente menor que o do gasóleo e o propano.

 Subministración independente. Permite dispoñer de gas natural, alí onde non hai rede de distribución.

 Baixo impacto ambiental e seguridade. O GNL é unha enerxía limpa e segura.

 Único interlocutor para a instalación, o mantemento e a subministración.

 Sen investimentos iniciais. Os custos da instalación amortízanse na cota mensual.

 Garantía da instalación realizada durante o período de contrato.

 Servizo de asistencia 24 horas ao día e 365 días ao ano.

 Telexestión e control informático central. A túa instalación estará sempre controlada coa máxima eficiencia dende as nosas oficinas.

 

Para máis información, chámanos o 900 40 20 20.

Para consultas ou contratacións:

Escríbenos

  
« Volver a Catálogo de Solucións
 
Ficheiros relacionados:

Descarga toda a información

Ligazóns relacionadas:
Eficiencia enerxética para empresas

 

Coñece máis detalles de Opción GNL visualizando o seguinte vídeo:

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.