Talleres de pintura

Pintar máis coches e ademais reducir a túa factura enerxética é posible

Un servizo chave en man que che permite transformar as túas cabinas de pintura a gas natural,, segundo as túas necesidades:

Cambio de queimador: convertemos a túa instalación ao gas natural co mínimo investimento necesario, para que goces dende o primeiro día das vantaxes do gas natural, un combustible máis barato e limpo.

Instalación de vea de aire: maximizamos o aforro sen cambiar a cabina, ao substituír o queimador da túa caldeira por unha vea de aire (combustión directa en cabina) conseguimos:

  •  Alcanzar temperaturas de ata 90 ºC.

  •  Secado ata un 35% máis rápido.

  •  Mellores acabados de pintura.

  •  Ata un 40% de aforro en combustible.

  •  Redución de consumo eléctrico.

Cambio de cabina: se desexas renovar as túas instalacións tamén nos ocupamos de todo, con cabinas de alta gama a gas natural conseguirás máxima eficiencia en tempo e combustible.

Queres pintar máis coches e ademais reducir a túa factura enerxética?

Con gas natural, é posible


 

Que inclúe Gasconfort?

Subministración enerxética

Mantemento preventivo

Mantemento a todo risco (opcional)

Atención 24h/365 días 

 

Beneficios

Reduce os teus tempos de traballo: reduce ata nun 35% os tempos de preparación e secado.

Aforro de combustible e electricidade. Aforra con gas natural grazas ao seu prezo máis baixo e o seu maior rendemento, coa túa instalación de vea de ar ou nova cabina consumirás un 40% menos. Ademais ao reducir os tempos de secado, tamén se reduce o funcionamento dos motores de extracción e a túa factura eléctrica.

Rematáronse os pulidos. Mellora a calidade da túa pintura grazas á alta temperatura de secado conseguindo acabados con alto brillo.

Aforro en vernices e lacas, xa non necesitarás usar pinturas con catalizadores rápidos.

Automatización dos teus sistemas. Tanto as novas cabinas como as veas de ar funcionan con software de última xeración que che permiten optimizar o seu funcionamento.

Paga só polo que consomes, acabouse pagar o gasóleo por anticipado.

Máis espazo no teu taller,  xa non necesitarás depósito.

Eliminación de partículas,  nin sobre a pintura nin á atmosfera.

Maior seguridade

Cumpre os requisitos de calidade máis exixentes de fabricantes e aseguradoras. 

 

Para máis información, chámanos o 900 40 20 20

Escríbenos

   



Ficheiros relacionados:

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.