Solar térmica

Coñece o sistema de funcionamento da enerxía solar térmica. 

Como funciona?

A enerxía solar térmica transforma a enerxía do Sol en enerxía térmica. Para que se produza esta transformación necesítanse uns elementos denominados colectores ou paneis solares, que absorben a enerxía térmica do Sol e transfórmana en calor. Para a produción de auga quente sanitaria a enerxía solar é unha tecnoloxía moi recomendable, xa que ademais de ser unha enerxía renovable cobre gran parte ou todas as necesidades de auga quente en verán (habitualmente 90%-100%) e unha parte (60%-70%) en inverno.

 

Que equipo comprar?

A enerxía solar térmica é unha tecnoloxía moi recomendable para a produción de auga quente sanitaria e para o quentamento de piscinas. Ademais ofréceche a posibilidade de calefacción, aínda que con necesidade de un equipo de apoio para os días menos soleados.

A instalación desta tecnoloxía é recomendable para vivendas unifamiliares e para edificios de nova construción.

Recomendámosche que empregues un sistema de almacenamento dobre, onde o circuíto e o lugar onde se almacena a auga quentada para o uso é diferente ao que circula polos colectores (paneis). En zonas de baixas temperaturas en inverno, o circuíto dos colectores, exterior, necesita refrixerante, ademais de por cuestións de hixiene.

 

A ter en conta

Vantaxes:

Trátase dunha tecnoloxía limpa por obter a enerxía dunha fonte renovable.

A súa principal aplicación é a produción de auga quente sanitaria, pero tamén se utiliza para calefacción, quentamento de piscinas e refrixeración.

Tecnoloxía altamente recomendable en España pola súa alta incidencia de enerxía solar por m2.

 

Desvantaxes:

Requírese un espazo apto para a súa colocación, nisto inflúe a orientación, superficie, recepción do Sol (que non haxa sombras)… isto fai que sexa máis doado instalala en vivendas unifamiliares e edificios de nova construción.

Require un investimento económico moi alto.


« Volver a Caldeiras e outros equipos de produción de auga quente
 


 

Enlaces relacionados: 

Quero ser eficiente enerxeticamente

Quero contribuír co medio ambiente 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.