Chans e canalizacións

Aforra enerxía e auga illando ben o chan e as túas canalizacións

Chans

Polistireno expandido (EPS)

Para o illamento do chan adóitanse incorporar pranchas de illamento térmico de poliestireno extruído (XPS).


 


Polistireno extruído (XPS)

Se é posible o aumento da altura do chan aplícanse pranchas de XPS directamente sobre o pavimento ou sobre unha capa de morteiro. As pranchas de XPS non deben quedar expostas á aplicación final de uso, polo que se debe realizar un rematado con outros produtos.

Canalizacións

Aforra enerxía e auga illando ben as túas canalizacións

O illamento das canalizacións é importante nas vivendas que posúen conducións de auga quente, tanto para calefacción coma para auga quente sanitaria. Un mal illamento leva consigo perdas de enerxía pola condución e un dispendio de auga, ao necesitar, debido ás perdas, deixar correr a auga máis tempo para acadar a temperatura axeitada.


Materiais para illamento de canalizacións

Os materiais máis eficientes para o illamento de canalizacións son a Escuma Elastomérica, é unha escuma flexible fabricada con caucho natural ou sintético, e a Escuma de Polietileno que é unha escuma polimérica orgánica de estrutura celular pechada, sendo tamén un material flexible. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.