Fachadas

Evita calquera imprevisto cun bo illamento de fachadas. 

Un correcto illamento das fachadas é esencial para manter a climatización do teu fogar sen necesidade de gastar máis enerxía.

 

Illamento exterior de fachadas:

Polistireno expandido (EPS)

Illamento de Fachada polo Exterior baixo revocadura: o sistema está formado polos seguintes elementos: illamento EPS, morteiro adhesivo e/ou fixacións mecánicas, perfís metálicos ou plásticos para ocos da fachada, revestimento base ou imprimación, mallas de reforzo e revestimento de rematado.
 

Vantaxes:

Doado e rápido de instalar.

Sistema doado de controlar durante a súa execución.

Instalación doadamente certificable.

Reduce o efecto das pontes térmicas, o risco de condensación e as perdas de calor.
 

Polistireno extruído (XPS)

Rehabilitación de Fachada Illada polo Exterior para revestir directamente sobre a prancha: instálase o illamento de XPS sobre o muro soporte, que posteriormente é revestido con morteiros para dar o rematado.

Vantaxes:

Mínima interferencia para os propietarios do edificio.

Non se reduce a superficie útil da vivenda.

Corríxense todas as pontes térmicas.

Evítanse os fenómenos de condensación.


Limitacións:

  • As pranchas non deben quedar expostas na aplicación final de uso

  • Rehabilitación con prancha illante de XPS de Fachada Ventilada: procédese a instalar o illamento de XPS e o sistema de ancoraxe e colgue, que finalmente permita incorporar o rematado visto da fachada.

 

Poliuretano

Illamento de fachadas polo exterior en muros dunha folla ou con cámara de aire non accesible. A proxección de escuma de poliuretano é unha das técnicas máis utilizadas en caso de fachada ventilada. Tamén se emprega para recheo de Cámaras de Aire en muros de dobre folla con cámara de aire accesible (dende o interior ou dende o exterior). Conséguese o recheo da cámara cun aceptable illamento continuo e ríxido.



“Tanto dende o exterior coma dende o interior, os materiais de illamento permiten que o clima exterior non entre no teu fogar.”




 

Illamento interior de fachadas:

La mineral

Fachadas con illamento polo interior mediante placas de xeso laminado sobre perfís metálicos e illamento de la mineral: formado por placas de xeso laminado fixado sobre perfís metálicos independentes do muro portante con recheo do espazo intermedio con la mineral.

Vantaxes:

Saneamento de muros.

Corrección de defectos do muro soporte.

Proceso de instalación rápido e "seco" (non hai tempos de espera de secado).

Non fai falta desaloxar o edificio.

Aplicable a calquera tipo de fachada.

Limitacións:

  • Redúcese o espazo interior uns 6 cm.

 

Polistireno expandido (EPS) 

Illamento de Fachadas polo Interior con rematado de placa de xeso laminado: sobre a cara interna da fachada fíxanse os paneis illantes (EPS), e logo colócase o revestimento de placa de xeso laminado.
 

Vantaxes:

Máximas prestacións co mínimo espesor de illamento.
 

Polistireno extruído (XPS)

Rehabilitación de Fachada ou Medianeira polo Interior con prancha illante de XPS para revestir con xeso in situ: sobre o muro soporte procédese a trasdosar polo interior co illamento de XPS, que posteriormente é revestido con xeso "in situ", para logo aplicar o rematado final.

 

Vantaxes:

Ao executarse polo interior pódense illar casas ou locais, sen necesitar o acordo de toda a comunidade de veciños.


Limitacións:

  • Execútase a obra con desaloxo de usuarios.
  • Pódese reducir a superficie útil da vivenda.
  • Vólvese moi delicada a corrección das pontes térmicas.
  • As pranchas non deben quedar expostas na aplicación final de uso.

 

Rehabilitación de Fachada ou Medianeira polo Interior con prancha illante de XPS para revestir con xeso laminado: sobre o muro soporte instálase o illamento de XPS, logo é revestido con placas de xeso laminar sobre as que se lles aplica o rematado.

 

Vantaxes:

Ao executarse polo interior pódense illar casas ou locais, sen necesitar o acordo de toda a comunidade de veciños.


Limitacións:

  • Execútase a obra con desaloxo de usuarios.
  • Pódese reducir a superficie útil da vivenda.
  • Vólvese moi delicada a corrección das pontes térmicas.
  • As pranchas non deben quedar expostas na aplicación final de uso.

 

<< Volver a Illamento

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.