As contas claras: entende a túa factura

 

Entender a factura da luz ou gas

Ofrecémosche unha explicación visual e sinxela da túa factura de luz e de gas para que entendas toda a información que contén. Selecciona o tipo de factura que che corresponde e navega a través dela seleccionando as partes que desexes observar.

Se un cliente de Gas Natural Fenosa e advirtes que a lectura indicada na túa factura de luz ou de gas é distinta á marcada no teu contador, podes comunicarllo ao servizo de atención ao cliente e, nun prazo máximo de 4 días, devolverémosche a diferenza facturada1 ata que se resolva.

Porque, en Gas Natural Fenosa, o noso compromiso es ti.
Coñece a nosa política de reclamacións aquí.

 

Factura Gas Natural Servicios SDG, S.A. e factura Tarifa ECO

Selecciona esta factura se es cliente de Gas Natural Servicios SDG, S.A.:
 
Factura GNS SDG y Eco
 
Detalle I     Detalle II      Detalle III


* Detalles aplicables a ambas as dúas facturas


A continuación explicámosche brevemente que información encontrarás sobre o teu contrato e factura nos detalles.

Detalle I

Información do cliente: Datos persoais e datos da entidade bancaria á que o usuario está afiliado. 

Detalles da facturación: Ao lado do servizo contratado, gas natural e/ou electricidade, aparece o nome da tarifa contratada. Neste apartado pódense observar os gastos en kWh e € sobre o consumo e os impostos. Tamén están visibles os descontos vixentes.

Atención ao cliente: Contén os contactos necesarios para realizar calquera consulta.

 

Detalle II

As contas claras: Nesta parte da factura encóntranse os datos da instalación de gas, os datos da instalación de electricidade e os gráficos de consumo. 

 

Detalle III

Destino do importe da factura: O destino do importe da factura verase reflectido no gráfico que divide os custos de produción de electricidade, os impostos aplicados e os custos regulados.

 

Factura Gas Natural S.U.R.  

Selecciona esta factura se tes un contrato de luz con Gas Natural S.U.R., S.A.:
 

Factura Gas Natural S.U.R.

Detalle I     Detalle II     Detalle III

 

​Na primeira parte da factura de luz de Gas Natural S.U.R. encontrarás a seguinte información:       
 

Información do cliente:

Datos do titular: Nome e apelidos do titular do contrato e enderezo postal. Os datos postais corresponden aos datos do receptor que recibe a factura. Os datos postais non teñen que coincidir coa situación do punto de subministración onde se presta o servizo nin co titular que aparece nos datos contractuais.

Identificación do cliente: Nome e apelidos do cliente.

Enderezo da subministración: O enderezo onde se presta o servizo.

CIF/NIF: O NIF do titular é o dato persoal identificativo do titular do contrato indicado. Corresponde ao nome e apelidos do titular que ten a relación contractual.

Datos bancarios: Os datos bancarios facilitados polo cliente para cargar o importe da factura. Na factura ocúltanse os últimos catro díxitos para preservar a confidencialidade e a seguridade dos teus datos bancarios.
 
Datos da factura:

Número de factura e data de emisión: Número de referencia da factura. Para simplificar a identificación e a busca das facturas, dáselle a cada unha un Número de factura e rexístrase coa data de emisión da factura.

Forma de pagamento: A forma habitual de pagamento é a domiciliación bancaria. Se vostede ten contrato con GNSUR tamén poderá realizar o pagamento mediante código de barras, en calquera entidade bancaria ou a través do servizo de pagamentos online.
 

Detalles da facturación:

Servizo en rúa, numero, código postal (cidade): Dirección do punto de subministración onde se presta o servizo que se vai facturar.

NIS: NIS= 11111111 é o número de identificación da subministración.

Facturación: A facturación da electricidade componse dun termo fixo de potencia, en función da potencia contratada, e un termo variable, o consumo que realizaches durante o período establecido. Os descontos aplícanse sobre o prezo da enerxía en función das condicións do produto de enerxía contratado coa comercializadora.

Imposto especial sobre a electricidade (IEE): O imposto Especial Sobre a Electricidade aplícase nos prezos de potencia e enerxía (o importe obtense sumando a potencia e o consumo e multiplicando polo coeficiente establecido pola lei).

Outros conceptos da factura de electricidade:

IVE aplicado:
  • O IVE aplícase sobre o Total de subministración. Esta porcentaxe non varía. Se vives en Canarias, a porcentaxe aplicada é o IGIC.

  • O Total da factura enerxética é o resultado da suma do Total de subministración + o Imposto de Valor Engadido (IVE).

 

Gráfico de consumos:

O gráfico de consumo de electricidade é unha representación dos kW de consumo de electricidade dos últimos meses.

Deste xeito, o cliente pode facer facilmente un seguimento do seu consumo eléctrico.
 

Datos do contrato:

CUPS: Código universal do punto de subministración que serve de identificador único.

Contrato acceso: Número de póliza de contrato de acceso. Referencia do contrato de subministración coa empresa distribuidora.

Tarifa de acceso: Tarifa de acceso. Custo regulado a traspasar a compañía distribuidora por potencia e enerxía.

Información lecturas/consumos electricidade: Indícase a lectura anterior e a actual do contador de luz en kWh, a data de ambas as dúas e como se obtivo o teu consumo. 


A continuación explicámosche os diferentes medios que temos para obter o teu consumo e que se che indica nesta parte da factura:

A lectura Real: a túa última facturación fíxose sobre a base do consumo que marca o teu contador.

A lectura Facilitada: a túa última facturación fíxose sobre a base do importe que nos facilitaches a través dalgunha das canles dispoñibles.

Lectura Estimada: a túa última facturación fíxose sobre a base dos teus consumos anteriores.
 

Tamén se detalla o teu período de facturación: Punta, Chan ou Val:

Na maioría de casos, os clientes domésticos eléctricos con potencia contratada <10 kW teñen un só contador, e polo tanto, todo o seu consumo é en chan. No caso de acollerse a DH (discriminación horaria) a túa facturación de consumo estará analizada en punta e chairo. Se ao cliente lle interesa, pode solicitar un tipo de tarifa que contemple discriminación horaria, de maneira que o consumo das horas puntas se facturarán a un prezo superior, e o consumo nas horas val factúrase a un prezo inferior. Tanto os tramos horarios coma os prezos a aplicar fíxaos o goberno.

No caso das antigas tarifas domésticas 2.0.1, 2.0.2, 2.0.3 e 3.0.1, pódese optar pola opción de dobre discriminación horaria (coñecida como tarifa nocturna), que supón tarificar o consumo en dous períodos: as horas punta (10 ao día)horas val (14 ao día), cun prezo menor nas horas val. O consumo en kWh calcúlase coa diferenza entre ambas as dúas lecturas (actual e anterior). A cantidade resultante é o consumo que se vai facturar. 
 


(1) devolvémosche o diñeiro se non estás conforme coa túa lectura nun prazo máximo de 4 días ata resolver a situación. É necesario dispoñer dunha lectura real facilitada por parte do cliente para poder realizar o aboamento.

 

Enlaces relacionados:

Que é a factura online?

IBAN mandato SEPA

Novo sistema para a factura de luz do pequeno consumidor

Como pagar online

Necesito consultar as miñas facturas  

Quero reducir os meus gastos  

Teño que modificar os meus datos

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade na web con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.