Ledplus

A iluminación máis eficiente para a túa comunidade

 

Goza dun fogar máis
confortable

Rehabilita&Confort é a solución enerxética
máis completa e accesible para a túa comunidade

 

Un servizo de Gas Natural Fenosa que xunta os beneficios do illamento térmico do edificio e a xestión enerxética dun sistema de calefacción centralizado.
Xunto a un completo plan de mantemento, este servizo maximiza a eficiencia dos equipos e minimiza o gasto enerxético no edificio.
Todo coa profesionalidade e solvencia que che ofrece Gas Natural Fenosa, empresa líder en asesoría e xestión enerxética.

Todo son vantaxes:
Aforro dende o primeiro día no consumo enerxético.

Mellora do confort térmico e, con iso, do benestar.

Contabilización dos consumos individuais mediante o servizo de Repartición.

Mínimas molestias para os veciños na instalación e rehabilitación.

Revalorización do inmoble, sen redución do espazo habitable.

Sen investimentos iniciais.

Máxima eficiencia cun completo plan de mantemento.

Asistencia 24 horas/365 días.

Mellora da cualificación enerxética do edificio.  

 

Illamento térmico

O 80% das vivendas españolas carecen de illamento térmico ou teñen un illamento deficiente. A rehabilitación con illamento contribúe a mellorar a eficiencia enerxética dos edificios.
Illar axeitadamente a túa comunidade non só supón un aforro en climatización e emisións de CO2, senón que mellora considerablemente o confort, a seguridade e o valor da túa vivenda.
Existen tres métodos de illamento térmico comunmente utilizados: 

Illamento por inxectado en cámara de aire

Consiste en encher de material illante as cámaras de aire existentes en cerramentos de fachada e cubertas.

SATE. (Sistemas para illamento térmico polo exterior)

Revestimento illante na fachada do edificio que permite a eliminación de pontes térmicas mesmo en piares e forxados.

Fachada ventilada
Illamento polo exterior que permite, ademais dun grande illamento térmico e acústico, unha rehabilitación estética da fachada.

 

Queres máis información?

Contáctanos sen compromiso, chamando o 900 40 20 20.

Escríbenos

​« Volver a Catálogo de Solucións


Ligazóns relacionadas:

Por que contratar Gas Natural Fenosa?