Antes da liberalización do mercado enerxético, as empresas que xeraban enerxía (distribuidoras) eran as mesmas que a comercializaban (comercializadoras). A raíz da Directiva Europea de liberalización do mercado enerxético (gas e electricidade) que España ten que cumprir, ordénase que a empresa que xera a enerxía e a que a comercializa sexan diferentes. Deste xeito, xa pode elixir libremente con que empresa contrata a enerxía para o seu fogar e pactar a tarifa que responda ás súas necesidades de consumo, segundo as ofertas dispoñibles nas empresas comercializadoras. Máis competencia, máis beneficios para vostede. Mostrámoslle aquí as etapas do proceso de liberalización do mercado enerxético.
| Nome do informe | Descrición |
|---|---|
Antes de 2003: Tarifa Regulada | Ata o 2003, o mercado estaba regulado polo Goberno e todos os consumidores recibían a electricidade grazas á empresa distribuidora da súa zona a un prezo fixado polo Goberno que se chamaba Tarifa Regulada. |
2003: Liberalización do mercado | A partir do 2003 iniciouse a liberalización do mercado eléctrico, o que supuxo dous cambios importantes para os consumidores:
|
2009: Fin do mercado regulado | Este novo mercado liberalizado convivía co mercado regulado, xa que non era obrigatorio pasar dun a outro. O 1 de xullo de 2009 complétase a liberalización do mercado eléctrico, o que supón a desaparición do mercado regulado e o paso de todos os clientes ao mercado liberalizado a través das empresas comercializadoras, que son as encargadas de vender e facturar a electricidade. |
| Nome do informe | Descrición |
|---|---|
Antes de 2003: Tarifa Regulada | Ata o ano 2003, o mercado estaba regulado polo Goberno e todos os consumidores tiñan contratado o gas natural coa empresa distribuidora de gas natural da súa zona, a un prezo fixado polo Goberno, que se chamaba Tarifa Regulada. |
2003: Liberalización do mercado | A partir do 2003 iniciouse a liberalización do mercado gasista, o que supuxo, de forma progresiva para o consumidor, a posibilidade de:
|
2008: Fin do mercado regulado | Este novo mercado liberalizado convivía co mercado regulado, xa que non era obrigatorio pasar dun a outro. O 1 de xullo do 2008, o mercado regulado deixa de existir, as tarifas reguladas desaparecen e todos os clientes pasan ao mercado liberalizado. |
2009 | A partir do 1 de xullo de 2009, cúmprese o calendario establecido para a Tarifa de Último Recurso (TUR), segundo o cal só poderán acollerse a esta tarifa (TUR) os consumidores conectados a gasodutos cuxa presión sexa menor ou igual a 4 bar e cuxo consumo anual sexa inferior a 50.000 kWh. Desaparecen as tarifas de último recurso T.3 e T.4 (para consumos maiores de 50.000 kWh/año). |
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona