Estás en:
Non é o mesmo ter un negocio con cinco traballadores que con cincuenta. Non é o mesmo ter a empresa na costa que na montaña. Por iso, en Gas Natural Fenosa adaptámonos a ti para ofrecerche as condicións que máis se axusten ás necesidades do teu negocio.

A tarifa Gas Básica está pensada para fogares ou negocios que utilizan a enerxía do gas natural para a cociña e para obter auga quente. Con esta tarifa pagarás en función do teu consumo e terás a enerxía que necesitas. Recomendables se o teu consumo non supera os 5.000 kWh/ano.

Coa tarifa Gas Óptima, o teu negocio será un lugar máis confortable. Integra a subministración de gas para a calefacción, a auga quente e a cociña. Ofrece unha oferta completa e adaptada á totalidade do teu consumo, coa que poderás cubrir todas as necesidades enerxéticas do teu negocio. Recomendable ata consumos de 11.500 kWh/ano.

Se dispós dunha pequena ou mediana empresa cun consumo de gas elevado (xa sexa polos gastos de calefacción ou os propios da actividade da empresa), temos unha tarifa que se axusta ás túas necesidades. Coa tarifa Gas Negocio beneficiaraste dunhas condicións especiais que recompensarán o alto consumo enerxético do teu negocio. Recomendable para un consumo a partir de 11.500 kWh/ano e non superior a 50.000 kWh/ano.

Para consumos anuais comprendidos entre 50.000 e 100.000 kWh (antiga tarifa T3) e que por lexislación vixente debe ter a subministración de gas contratado nun Comercializador de Mercado Libre, dispoñemos dunha tarifa moi vantaxosa.

Para consumos anuais comprendidos entre 100.000 kWh e 1 GWh (antiga tarifa T4) e que por lexislación vixente debe ter a subministración de gas contratado nun Comercializador de Mercado Libre, dispoñemos dunha tarifa moi vantaxosa.
| Tarifa aconsellada | Consumo kWh/ano | Termo fixo | Termo variable |
|---|---|---|---|
| Gas Básica | Inferior ou igual a 5.000 | 4,30 €/mes | 5,750871 c€/kWh |
| Gas Óptima | Superior a 5.000 e inferior ou igual a 11.500 | 8,58 €/mes | 5,078971 c€/kWh |
| Gas Negocio | Superior a 11.500 e inferior ou igual a 50.000 | 11,15 €/mes | 4,875812 c€/kWh |
| Gas Plus Prima¹ | Superior a 50.000 e inferior ou igual a 100.000 |
53,01 €/mes | 5,32390 c€/kWh |
| Gas Supra Prima² | Superior a 100.000 e inferior ou igual a 1 GWh | 79,15 €/mes | 5,01970 c€/kWh |
© Gas Natural Fenosa
Plaça del Gas, 1. 08003 Barcelona