Emerxencias

Consellos de seguridade para a túa comunidade.

Reparacións urxentes en caso de emerxencia


Se tes algún tipo de problema coa instalación eléctrica ou de gas na túa comunidade, dispós dun Servizo de Atención de Urxencias continuo para solucionar os danos o máis rápido posible.  
 
Mandaremos un equipo de profesionais cualificado para solucionar a túa avaría.

Gas

Emerxencias de gas

  • Que facer se detectas cheiro a gas 



     Ventila e desaloxa.
     Airea o local ou comunidade e sae das instalacións.

     Pecha os mandos dos aparatos e a chave de paso.
    Espera fóra ata que chegue o servizo técnico de urxencias.

     Non manipules aparatos eléctricos nin interruptores.
    Deste xeito, evítanse faíscas que poden provocar explosións.

     Non fumes nin acendas chamas.
    Evita fontes de calor sempre que o olor a gas persista.

     Non abras de novo a chave de paso.

    Non abras a chave de paso ata que reparen a instalación ou o aparato avariado. 
  • Que facer se quedas sen subministración 



    Pecha os mandos dos aparatos.

    Pecha os mandos para evitar que escape o gas por se volve a subministración.



    Comproba as chaves de paso do gas.
    Verifica que as chaves estean abertas. É importante manter os mandos pechados mentres tanto.



    Espera un mínimo de 15 minutos.
    Pasado este tempo, comproba se volveu o gas.
     

En caso de urxencia , chama o noso teléfono gratuíto.

 900 750 750

Lembra que...

O Servizo de Atención de Emerxencias non cobre a reparación da instalación de gas a partir da chave de acometida do edificio, agás que a devandita instalación sexa propiedade de Gas Natural Fenosa. No interior da comunidade, correspóndelle ao usuario manter a instalación en perfecto estado, así como facer un uso axeitado desta. 

Luz

Emerxencias de electricidade

Como actuar en caso de accidente eléctrico 



 Usa un extintor.
Non apagues baixo ningún concepto o lume con auga. Sempre cun extintor.

 Corta a corrente.
Corta a fonte de alimentación da corrente.

 Asiste a vítima.
Asiste a vítima colléndoa da roupa e non entres en contacto coa súa pel. 

 Cura queimaduras graves.
Chama a emerxencias. Non apliques remedios caseiros sobre a ferida. Non retires a roupa ao ferido se está pegada á pel.

 Cura queimaduras leves.
Arrefría a zona con xeo ou auga, límpaa cunha compresa húmida e aplica unha solución antiséptica.

 Toma precaucións.
Non toques directamente a queimadura nin abras as ampolas ou vexigas que se formen nela. Lava coidadosamente as mans antes de asistir o ferido. 

En caso de urxencia , chama o noso teléfono gratuíto.

Lembra que...

As instalacións eléctricas interiores son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría da instalación interior, pódese enviar un operario especializado para a reparación, pero os custos irán ao teu cargo. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies