Inspección periódica

Velamos polas túas instalacións. 


Visita de diagnóstico e conservación 

 
Todas as instalacións de gas natural pasan inspeccións periódicas obrigatorias para garantir un aproveitamento óptimo da enerxía e ter a maior seguridade posible. Esta comprobación realízana as empresas instaladoras habilitadas ou a túa empresa distribuidora de gas natural. 


O noso persoal

Confía no noso persoal técnico para a conservación da túa instalación de gas.

Para establecer a data de visita, os titulares da comunidade de veciños reciben unha carta, e carteis de aviso, onde se informa da data exacta da inspección. Sempre se programan as visitas con varios días de antelación.

  • Identifica o noso persoal

    O persoal sempre ten que ir debidamente acreditado. Este debe exhibir a acreditación de Gas Natural Fenosa e, a requirimento, un documento que acredite a súa identidade, como pode ser o propio DNI.
     

    Identifica o noso persoal


Que se comproba nunha inspección periódica?

 A ausencia de fugas de gas.

 As zonas visibles e accesibles das canalizacións do gas do edificio.

 A situación dos contadores.

 As condicións de ventilación da infraestrutura.

 A conexión dos aparatos á instalación de gas natural.

 Os condutos de evacuación de quentadores e caldeiras.

 A combustión en quentadores, caldeiras e cociñas de gas natural. 

  • Que di a lei?

    A lexislación vixente obriga o titular das instalacións de gas e os seus usuarios a exercer un bo uso, mantemento e conservación destas. 

    Segundo o Real decreto 984/2015, do 30 de outubro, polo que se regula o mercado organizado de gas, as empresas instaladoras habilitadas ou os distribuidores de gases combustibles por canalización deben efectuar cada 5 anos unha inspección das instalacións receptoras dos usuarios. 

Lembra que...

A inspección da instalación individual págase a través da factura do gas, nunca no momento.
De detectar anomalías na túa instalación, podes pedir o xustificante de corrección de anomalías.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies