Inspección periódica

Velamos polas túas instalacións.



 


Visita de diagnóstico e mantemento

Para gozar dunha instalación de gas segura e eficiente na empresa, é necesario realizar inspeccións periódicas. Estas comprobacións realízanas as empresas instaladoras habilitadas ou directamente a distribuidora de gas natural.



O noso persoal

Confía no noso persoal técnico para a conservación da túa instalación de gas.

Para establecer a data de visita, o titular da subministración da empresa recibirá unha carta onde se informa do día e hora da inspección. Sempre se programan as visitas con varios días de antelación.

  • Identificación do noso persoal

    O persoal sempre vai debidamente acreditado. Debe exhibir a acreditación de Gas Natural Fenosa e, a requirimento, un documento que verifique a súa identidade, como pode ser o propio DNI.

    Identifica o noso persoal


Que comproban nunha inspección periódica?

 Os condutos de evacuación de quentadores e caldeiras.

 A ausencia de fugas de gas.

 A correcta situación dos contadores.

 A combustión en quentadores, caldeiras e cociñas de gas natural.

 As zonas visibles e accesibles das canalizacións do gas.

 A conexión dos aparatos á instalación de gas natural.

 As condicións de ventilación.

  • Aspectos legais


    De acordo coa lexislación vixente, o mantemento, a conservación e o bo uso da instalación é responsabilidade do titular desta ou, no seu defecto, dos usuarios.

    Segundo o Real decreto 984/2015, do 30 de outubro, polo que se regula o mercado organizado de gas, as empresas instaladoras habilitadas ou os distribuidores de gases combustibles por canalización deben efectuar cada 5 anos unha inspección das instalacións receptoras dos usuarios.

Lembra que...

A inspección sempre se paga a través da factura do gas, nunca no momento da inspección.
De detectar anomalías na instalación, podes pedir un xustificante de corrección de anomalías.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies