Talleres de pintura
 

Un motor enerxético para o teu taller.

A mellor solución para o teu taller de vehículos


Un servizo chave en man que che permite transformar as cabinas de pintura do teu negocio a gas natural.

Poderás adaptar o teu taller segundo as túas propias necesidades. 


 
Convertemos a túa instalación ao gas natural co mínimo investimento, para que goces dende o primeiro día das vantaxes dun combustible máis barato e limpo.
Instalación de vea de aire Maximizamos o aforro sen cambiar a cabina. Ao substituír o queimador da caldeira por unha vea de aire (combustión directa en cabina) conseguimos:

 Alcanzar temperaturas de ata 90 ºC.

 Secados ata un 35% máis rápidos.

 Mellores acabados de pintura.

 Ata un 40% de aforro en combustible.

 Redución do consumo eléctrico.
Cambio de cabina
Se desexas renovar as túas instalacións, nós ocuparémonos de todo. Temos unha ampla gama de cabinas de gran calidade coas que conseguirás a máxima eficiencia en tempo e combustible.


Beneficios para talleres

Unha ferramenta máis para o teu taller e o teu día a día. 
 Reduce os teus tempos de traballo.
Os tempos de preparación e secado redúcense ata un 35%. Ademais, ao reducir os tempos de secado, tamén se reduce o funcionamento dos motores de extracción e a factura eléctrica.


 Aforro de combustible e electricidade.
O prezo do gas natural é máis barato e obtense un maior rendemento. Coa instalación de vea de aire ou unha nova cabina, consumirás ata un 40% menos.


 Remataron os puídos.
Mellora a calidade da pintura que usas grazas á alta temperatura de secado. Conseguirás acabados con alto brillo.  

 Aforro en vernices e lacas.

Agora, non volverás necesitar pinturas con catalizadores rápidos. 
 
 Automatización dos sistemas e maior seguridade.
Tanto as novas cabinas como as veas de aire funcionan cun software de última xeración. Optimiza o funcionamento de todo o taller.  

 Paga polo que consumes.

Xa non terás que pagar o gasóleo por anticipado. A subministración que che proporcionamos é continua.
 

 Máis espazo no teu taller. 
Ao non necesitar depósitos, gañarás espazos no teu propio taller. Xusto o que necesitas para traballar comodamente. 

 

 Eliminación de partículas.
Nin sobre a pintura nin sobre a atmosfera. 

Encontra toda a información


Solicita calquera tipo de información relacionada co teu taller de pintura.

Axudámoste co teu negocio.  


 Máis información sobre talleres de pintura para vehículos

Ponte en contacto:

Escríbenos

Para máis información:

    
  900 402 020


Casos de éxito

Solucións e eficiencia.
Substitución de cabinas


A substitución por cabinas de pintura a gas natural de alta eficiencia, con queimador de chama directa, tecnoloxía ‘Inverter’ e regulación automática fixo que os tempos de produción deste taller de chapa e pintura se reduciran.

Ademais, obtívose un aforro de 4.300 €/ano en combustible. 




 Saber máis

Solucións enerxéticas

Gasconfort                  


Mellora a eficiencia da caldeira comunitaria e aforra.
Consigue para sempre ata un 36% de aforro. 
Consulta o noso catálogo de

Solucións enerxéticas

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies