Aire acondicionado e bomba de calor.

Climatización á túa medida

Aconsellámoste para que utilices correctamente o aire acondicionado e a bomba de calor.


Para reducir gastos e aforrar enerxía, compra equipos de aire acondicionado de clase A e bombas de calor "Inverter", xa que son máis eficientes. Déixate aconsellar por un profesional para elixir que tipo de bomba de calor ou aire acondicionado se axusta mellor ás necesidades do teu fogar.

Os mellores aparatos de aire incorporan filtros para o seu tratamento, ademais dun deshumidificador para o control da humidade do ambiente. Mentres que as bombas de calor son un dos aparatos que menos contamina do sector ao non producir gases contaminantes.

 

Resolvemos as túas dúbidas.

Se estás a punto de comprar un equipo novo para o teu fogar, ou se chegou o momento de renovalo, seguro que estas aclaracións che servirán para tomar a decisión correcta.


 
Consellos de uso e mantemento.
Para conseguires un sistema de climatización eficiente, limpa periodicamente os filtros e elimina impurezas. Estes equipos teñen incorporado un termóstato que mide a temperatura da estancia que hai que climatizar. Colócaos lonxe de fontes de calor para que non inflúan na súa medición. Ademais, ofrecen un modo económico "eco", que detén o equipo cando a temperatura do cuarto se iguala á elixida. Unha vez que esta cambia, volve poñerse en marcha.


Como transporta o frío e a calor?

Dependendo do tipo de aparato que queiramos obter temos que saber que...

 Consola ou equipo unitario: todos os compoñentes están xuntos nunha única unidade.  

 Split: os compoñentes sepáranse nunha unidade interior e outra exterior, para evitar o ruído do compresor dentro do local que se vai climatizar.

 Multisplit: no interior da vivenda hai varias unidades para climatizar diferentes estancias.

 Sistemas de distribución por canalizacións: a unidade interior e exterior únense mediante tubos de cobre.

 

 

__

"Cando non esteas na casa, reduce a temperatura da calefacción ou auméntaa se se trata de refrixerar."


Aire acondicionado


 

O aire acondicionado é un sistema de refrixeración do aire que usamos para refrescar ambientes cunhas temperaturas moi altas ou calorosas.

O seu uso é moi sinxelo, só debes regular a temperatura para refrixerar a túa vivenda e, se tamén desexas aire quente, deberás instalar un aparato con bomba de calor incorporada. 



Como funciona?

Estes aparatos basean o seu funcionamento no comportamento do fluído refrixerante. Este fluído absorbe a calor da estancia que se vai refrixerar, evapórase para despois de percorrer o circuíto de refrixeración ata a unidade exterior e eliminar a calor absorbida. O fluído condénsase tras sometelo a compresión.

 
Que equipo comprar?

No mercado actual, encontrámonos con diferentes tipos de aire acondicionado:
 
 Acondicionador de ventá: é o máis elemental. Caracterízase pola facilidade de adaptación a calquera edificio e climatiza unicamente a estancia na que se encontra instalado o equipo. Agrupa na mesma unidade todos os seus compoñentes, polo que son menos estéticos e o seu nivel sonoro é superior.

 Aire acondicionado portátil: tampouco posúe unidade exterior. Apenas necesitan instalación. Coma nos equipos de ventá, teñen a desvantaxe de producir un ruído excesivo ao introducir o compresor dentro da vivenda.

 Acondicionador split (partido): consta de dúas unidades, unha interior e unha exterior. Na unidade interior encóntrase o evaporador, o ventilador, o filtro de aire e o sistema de control. Na exterior están o compresor e o condensador, polo que é moito máis silencioso que no resto de equipos.



Cómpre telo en conta.


Hai varios factores significativos para ter en conta, como o pode ser:

 A súa adaptación a calquera tipo de superficie.
 As diferentes formas de distribución na vivenda.
 A posibilidade de controlar a humidade da estancia que se vai refrixerar.


__

"Cando non esteas na casa, reduce a temperatura da calefacción ou auméntaa se se trata de refrixerar."

 

Bomba de calor


 

As bombas de calor emiten enerxía térmica dunha fonte fría. Son equipos moi eficientes, xa que por cada kW eléctrico consumido achegan como mínimo 3 kW térmicos.

Como funciona?


Trátase dun sistema de climatización de alta eficiencia enerxética onde o axente que se ocupa de compensar as cargas térmicas do espazo que se vai condicionar pode ser de auga ou aire. As bombas de calor ofrecen calefacción e aire acondicionado todo nun. Son moi recomendables para climas con invernos non moi fríos, xa que cobren totalmente a demanda de climatización.


Que equipo comprar?

Para climas moi fríos, recoméndase a tecnoloxía "Inverter", que dispón dun compresor de potencia adaptable. Este traballa con máis forza cando a temperatura se afasta do que marca o termóstato, e con menos forza cando o cambio de temperatura é máis suave. Esta tecnoloxía mellora o funcionamento das instalacións e aumenta o rendemento do equipo.

Existen diferentes tipos de bombas de calor:

 
 Bomba de calor Aire-Auga: extrae a calor do exterior e transmítea ao interior a través dun circuíto de calefacción por auga.

 Bomba de calor Auga-Auga: extrae a calor dun río, lago ou pozo para quentar ou arrefriar un circuíto de calefacción.

 Bomba de calor Aire-Aire: é a máis usada. Extrae a enerxía do aire exterior e transmíteo ao interior tamén en forma de aire.

Cómpre telo en conta.


Hai varios factores significativos para ter en conta, como pode ser:

 Cobre tanto calefacción coma refrixeración.
 Son equipos moi eficientes.
 Son aptos para todo tipo de superficies.


__

"Coa tecnoloxía Inverter, aumentas o rendemento e o funcionamento do equipo."

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies