Urxencias e avarías

Atención personalizada e inaprazable


 

Tes algún problema coa túa instalación eléctrica ou de gas?

Poñemos á túa disposición un Servizo de Atención de Urxencias continuado para solucionar as túas incidencias o máis rápido posible, e que esteas tranquilo.

Un equipo de profesionais cualificados acudirá ao teu domicilio equipado con todo o necesario para solucionar a túa avaría.


___

Servizo de atención
24 horas, os 365 do ano.









 

Urxencias e avarías de gas natural

Se a distribuidora da túa zona é Gas Natural Distribución, ponte en contacto connosco chamando o teléfono gratuíto 900 750 750.

Se non, contacta coa distribuidora da túa zona. Encontrarala na listaxe oficial da CNE de empresas distribuidoras de gas natural.

O Servizo de Atención de Urxencias non cobre a reparación da instalación de gas natural a partir da chave de acometida do edificio, salvo que sexa propiedade de Gas Natural Fenosa.

No caso das áreas comúns do edificio, é o propietario ou representante da propiedade o que se ten que responsabilizar da súa conservación e mantemento.

E en canto ao interior da vivenda, é o usuario o encargado de manter a instalación en perfecto estado e facer un uso axeitado dela.

A normativa RITE RD1027/2007, do 20 de xullo de 2007, establece a revisión preventiva anual obrigatoria da caldeira, o circuíto hidráulico, os radiadores e aparatos de gas. Se queres dispoñer do servizo de mantemento coas mellores coberturas para asegurar a túa caldeira e os aparatos de gas, solicita Servigas.


Mantemento gas

Servigas     

O servizo experto de mantemento e reparación multimarca que che ofrece seguridade para o teu fogar.
 

Urxencias e avarías eléctricas

Se a distribuidora da túa zona é Unión Fenosa Distribución, ponte en contacto connosco chamando o teléfono gratuíto 900 333 999.

Se non o é, contacta coa distribuidora da túa zona, podes encontrala no listado oficial da CNE de empresas distribuidoras de electricidade.

A empresa distribuidora eléctrica de cada zona é a responsable da calidade da subministración eléctrica, polo que deberás poñerte en contacto con ela se sofres algunha avaría ou falta de subministración.

Ten en conta que as instalacións eléctricas do interior dos fogares son propiedade exclusiva do propietario. En caso de avaría, ponte en contacto cunha empresa especializada.

normativa RITE RD1027/2007, do 20 de xullo de 2007, recomenda a revisión preventiva anual do equipamento de climatización: aire acondicionado e bomba de calor. Se queres dispoñer do servizo de mantemento coas mellores coberturas para asegurar os teus equipos eléctricos e aparatos de aire acondicionado ou bomba de calor, solicita Servielectric.      


Mantemento eléctrico

Servielectric    

O servizo experto de mantemento e reparación.

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies