Alta ou baixa
de luz ou gas

Todas as xestións
e trámites necesarios.



 


Goza do teu novo fogar.

Se acabas de comprar ou alugar unha vivenda, goza do teu novo fogar sen preocupacións.

Axudámoste no proceso de instalación do gas natural e a luz na casa.

Altas Luz ou Gas

Ofrecémosche toda a información para que resolvas as túas dúbidas máis frecuentes.

Darte de alta

Se non tes instalado o gas ou a luz
na túa casa e queres darte de alta

 
  1. Solicita un instalador autorizado para que te asesore. Encontra centros instaladores na túa zona
  2. Contacta co noso teléfono gratuíto e solicita a alta de conexión de luz ou gas.
Lun. a sáb. de 8 a 22 h.

Mercado libre luz e gas  900 28 28 28
Mercado regulado gas   
900 29 29 29
Mercado regulado luz    
900 100 360
 

 
Darte de baja

Se xa tes conectado o gas ou a luz
na túa casa e queres darte de alta.


Só tes que chamar para contratar a tarifa de gas ou luz que necesites. Deberás elixir entre unha tarifa con descontos do mercado libre ou unha tarifa de prezos fixados polo mercado regulado. Se tes dúbidas, consulta as preguntas frecuentes ou chámanos e informarémosche.

Ven a Gas Natural e empeza a gozar.

Lun. a sáb. de 8 a 22 h.

900 333 223





 


Formularios de solicitude

Consulta que documentación debes presentar

Todo o que debes saber para dar de alta o gas ou a luz

  • Que opcións teño para contratar o gas natural cunha empresa comercializadora?

    Podes contratar a prezo libre ou a prezos regulados pola Administración.

    En Gas Natural Fenosa ofrecémosche:

    Contratar a prezo libre con Gas Natural Servicios (comercializadora de mercado libre) chamando o teléfono gratuíto 900 28 28 28.

    Contratar a prezos regulados pola Administración con Gas Natural SUR (comercializadora de último recurso) chamando o teléfono gratuíto 900 29 29 29.


    Asinarase unha autorización para que a comercializadora correspondente solicite a posta en servizo da instalación á empresa distribuidora no teu nome.
  • Tipos de contratación que che ofrecemos:

    As tarifas reguladas pola Administración establecen un prezo de referencia (Tarifa de Último Recurso ou TUR) e non admiten descontos.
    As tarifas do mercado libre aplican descontos sobre os prezos que están referenciados ás Tarifas de Último Recurso (TUR). Ademais, no mercado libre, poderás beneficiarche de interesantes descontos e ofertas que mellorarán se contratas máis dunha subministración (gas e luz) ou algún servizo adicional.

    En Gas Natural Fenosa, ofrecémosche diferentes posibilidades, para que elixas a que máis che convén segundo as túas necesidades:

    Contrata as tarifas do mercado libre chamando a o teléfono gratuíto 900 28 28 28.

    Contrata as tarfias do mercado regulado chamando ao teléfono gratuíto 900 29 29 29 para o gas natural e ao teléfono gratuíto 900 100 360 para a luz.









 

Baixas Luz ou Gas

Facilitámosche toda a información que necesitas para realizar o cesamento da subministración.

  •   A realización do cesamento supón o corte de subministración e a retirada do contador ou a desconexión eléctrica.

Todo o que debes saber para dar de baixa o gas ou a luz

  • Lembrámoste algúns puntos importantes a ter en conta ao realizar un cesamento de subministración:

    O solicitante do cesamento de subministración debe ser o titular do contrato. No caso contrario, deberás achegar unha autorización asinada, fotocopia do DNI ou NIE do solicitante, un documento que acredite o punto de subministración e o formulario de cesamento.

    Verifica se a túa subministración é de baixa, alta ou media tensión  O trámite é diferente en cada un dos casos.

  • Clasificación das subministracións segundo a tensión.

    Unha subministración clasifícase segundo se a tensión é baixa, alta ou media.

    Existe baixa tensión cando a tensión da liña á que se conecta é inferior a 1 kV.

    É alta ou media tensión cando a tensión da liña é superior a 1 kV.


    Se te conectas a unha liña de alta/media tensión, o centro de transformación é da túa propiedade. Se te conectas a unha liña de baixa tensión, o centro
    de transformación é propiedade da distribuidora.

    O primeiro que debes facer é consultar na factura ou no contrato o tipo de subministración que tes en función da tarifa de acceso contratada.

    Consulta todas as especificacións sobre a tensión e a subministración que tes contratada na seguinte ligazón.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies