Certificado enerxético

Eficiencia para a túa vivenda.


Que é o certificado enerxético?

 
É un certificado que avalía o comportamento enerxético dos inmobles nunha escala do A, de cor verde (maior eficiencia), ao G, de cor vermella (menor eficiencia). 

Ten unha validez  de 10 anos. Dende o 1 de xuño de 2013, todos os contratos de alugueiro ou compravenda deben contar, por lei, cun certificado de eficiencia enerxética.

Verifica se o consumo enerxético da túa vivenda, local, oficina ou edificio é o correcto.


Prezos do certificado enerxético

O prezo do certificado enerxético varía en función da superficie do inmoble:
 
  • Ata 79 m2: 119,79 €
  • De 80 - 119 m2: 140,36 €
  • De 120 - 179 m2: 173,03 €
  • Máis de 180 m2: 239,58 €


 

Verifica o consumo
enerxético do teu fogar

Solicita o teu certificado
de eficiencia enerxética


Chama o noso teléfono gratuíto.
Avaliaremos a eficiencia enerxética do teu inmoble.


Que inmobles necesitan o certificado?


Todas aquelas vivendas que se poñan envenda ou alugueiro necesitan un certificado enerxético en vigor.

Ademais, dende 2007 é obrigatorio para todos os edificios de nova construción.

 

Os teus electrodomésticos tamén inclúen unha etiqueta de eficiencia.


Todos os electrodomésticos que teñas na casa tamén dispoñen dunha
clasificación enerxética  en forma de etiqueta. Esta outórgalle
unha clasificación que vai do A, de cor verde (maior eficiencia),
ao G, de cor vermella (menor eficiencia).

 
Mantemento eléctrico
Servielectric   
O servizo experto en reparación urxente multimarca de electrodomésticos e aire acondicionado. 
 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies