Instalación de gas e electricidade

Consellos de seguridade para a túa comunidade.

 

Como manter a instalación de gas e electricidade en bo estado.

Coñecer e entender os riscos asociados ás instalacións de electricidade e gas fará que as comunidades sexan medios seguros e máis confortables. Para eliminar posibles fontes de risco, abonda con aplicar un conxunto de boas prácticas e a normativa vixente.


Consellos de seguridade para instalacións de gas

Mantemento.
Fai un rigoroso mantemento das instalacións de gas para a súa boa conservación.
Ventilación.
Non obstrúas as saídas de gas ou as reixas de ventilación baixo ningún concepto.
Prevención.
Pecha as chaves de paso en ausencias prolongadas para evitar accidentes.
Garantía.
Permite que só as empresas autorizadas fagan modificacións na instalación.

Consellos de seguridade para instalacións eléctricas

Corta a electricidade da túa comunidade ante calquera incidencia.
 

  • Darte de alta
    Comprobacións
    • O cadro de mandos e interruptor xeral teñen que estar situados en puntos de doado acceso.

    • A tensión dos dispositivos eléctricos debe ser a adecuada.

    • É conveniente que as luces se manteñan lonxe de paredes e cortinas.

    • O diferencial ten que funcionar correctamente. No caso contrario, ponte en contacto cun técnico electricista autorizado.

  • Darte de alta
    Manipulación
    • Os dispositivos eléctricos primeiro deben apagarse e despois desenchufarse tirando da caravilla illante, non do cable.

    • É aconsellable que os interruptores automáticos non se bloqueen para que funcionen libremente en caso de fallo na instalación.

    • As conexións múltiples deben usar un enchufe para cada receptor con tal de evitar sobrequentamento.

  • Darte de alta
    Precaucións
    • Os aparatos con enchufes deteriorados, caravillas rotas ou cables pelados non deben usarse.

    • Se un dispositivo dá cambra, desprende un cheiro raro ou bota fume, chama un técnico para que o repare.

    • Os percorridos de cable e as pantallas non deben situarse preto de focos de calor.

    • Toma precaucións para que os veciños non toquen os equipos eléctricos coas mans ou os pés mollados.


En caso de urxencia, chama o noso teléfono gratuíto
Un técnico acudirá a inspeccionar as instalacións

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies