Facilidades
de pagamento

A túa comunidade de veciños cunha
cota fixa cada mes.


Plan de Pagamentos Fixos

Pasa 11 meses coa mesma cota

 

Calculamos a túa cota fixa.

Faremos unha estimación do consumo anual, segundo o consumo histórico da empresa e, cada ano , o revisaremos e adaptaremos.

Paga o mesmo cada mes.

Págase un prezo fixo mensual cunha regularización anual. Gozade 11 meses dunha cota fixa e, o duodécimo mes, dunha
regularización das túas facturas. 

Cota de regularización.

Na factura do mes 12, calcularemos a diferenza entre o importe pagado durante os 11 meses anteriores e o importe total do teu consumo real.

Recibe a diferenza. 

Se os importes de consumo real son menores aos pagamentos efectuados durante os 11 meses anteriores, devolverémosche a diferenza resultante.  


O máis cómodo para comunidades


Todas as facilidades que poida ter unha comunidade sempre son ben recibidas.


Coas facilidades de pagamento que ofrecemos para comunidades de veciños, as facturas chegan cun prezo fixo mensual durante 11 meses e unha regularización anual a final de ano.

Para calcular o importe da cota fixa de electricidade ou gas, faremos unha estimación do consumo anual, segundo o consumo histórico e o equipamento da comunidade. Cada ano a revisaremos para adaptala aos teus hábitos de consumo. 

A cota de regularización é a diferenza entre o importe pagado durante os 11 primeiros meses e o importe total do consumo real a finais do duodécimo mes.

Solicita xa o teu Plan de Pagamentos Fixos


Cómpre ter en conta...


 O Plan de Pagamentos Fixos tamén é aplicable a subministracións de gas natural. 

 Para beneficiarte destas vantaxes, téñense que efectuar os pagamentos a través dunha domiciliación bancaria.  

 Pódense acoller a este plan as subministracións de gas natural con tarifas 3.3 e 3.4 e as subministracións de electricidade con tarifas 2.1A e 2.1DHA.
 

Consellos

Como contratar

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies