Consellos sobre calefacción

Solucións de calefacción eficiente.

Como aforrar en calefacción?

O consumo de calefacción é o gasto enerxético máis elevado nunha comunidade de veciños.


Se queres reducir o importe das facturas, abonda con que modifiques certos hábitos de consumo. Notarás significativamente aforro en calefacción.

Hábitos de consumo


 Recorda aos veciños que poñan a calefacción entre 19 ºC e 21 ºC e entre
16 ºC a 18 ºC para durmir. Por cada grao de máis de calefacción , aumenta o consumo enerxético un 7%.


 Recorda aos veciños que purguen os radiadores periodicamente, xa que o aire acumulado dificulta a transmisión da calor ao exterior.

 Pecha as chaves dos radiadores dos espazos que non se utilicen habitualmente e mantén a porta pechada.

 En inverno, para airear os espazos, é suficiente con abrir portas ou ventás uns 10 minutos.

 Realiza un mantemento periódico das caldeiras e os equipos de calefacción de gas natural para garantir a súa máxima eficiencia.



Medidas tecnolóxicas


Solucións eficientes.
Caldeiras de condensación: son as máis eficientes do mercado. O seu alto rendemento amortiza o sobrecusto da súa instalación nun período de entre 5 e 8 anos.

 Gasóleo ou fuel óleo: a súa eficiencia permite aforrar ata un 36% na túa instalación de calefacción. Outras opcións, como a biomasa, tamén supoñen un grande aforro.

 Sistemas con caldeira centralizada: é importante que cada veciño coñeza o seu consumo. Instala un sistema de repartición de custos para usar de xeito máis eficiente a enerxía.

 Termóstato programable.

Illamento.
 Illa correctamente as canalizacións que distribúen a calor para que non haxa perdas de enerxía.
 
 Illa correctamente a fachada e a cuberta do teu edificio  para reducir o consumo en calefacción.
 
 Illa correctamente as ventás para evitar perdas de enerxía.
Solucións enerxéticas
Gasconfort    
Cambia a gas natural e consigue, para sempre, ata un 45% de aforro. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies