Plan Negocio á Medida


Adaptado ao teu consumo de electricidade

70 € de desconto por contratar online.

Vantaxes

Descubre como che pode axudar 


Aforro


 Se contratas online, terás grandes bonificacións. Obsequiámoste con 70 € de regalo.

 Servizo gratuíto de asesoramento enerxético. Un estudo personalizado guiarate na contratación ideal para a túa comunidade.  


Servizos online


 Realiza as xestións online. Faino a través da Área Clientes e controla o consumo eléctrico e de gas. Actualiza os teus datos, facilita as lecturas e realiza calquera tipo de solicitude.

 Recibe as túas facturas por correo electrónico. Consulta facturas con calquera data e descárgaas se o necesitas.

​ Tamén dispoñible na App móbil para clientes. 


Facilidades


 Goza unha cota fixa mensual co Plan de Pagamentos Fixos. Durante os 11 primeiros meses calcúlase partindo dunha estimación do consumo eléctrico e de gas natural. O duodécimo mes pagarás unha cota regulada baseada no teu consumo real.

 100% financiamento. Nos teus equipos de aire acondicionado e calefacción. Elixe entre unha selección das mellores marcas e págaos comodamente.

​ Ademais, adecuamos a túa instalación eléctrica e ofrecémosche o mantemento necesario. 

Preguntas frecuentes

  • Que datos necesito para contratar online?

    Para contratar luz ou gas natural de forma online, necesitas ter á man:
     
    • Unha factura recente de luz ou gas natural.
    • Os teus datos bancarios (código IBAN da conta na que se domiciliará o cobramento das facturas).

    • E se non es cliente noso, unha foto do NIF, NIE ou pasaporte (só o anverso/cara, en formato .jpg, .png, .bmp, .gif ou .pdf e cun peso máximo de 3 MB.)

  • Podo contratar unha tarifa con discriminación horaria?

    Á hora de contratares online , é necesario que contrates na mesma tarifa que tes e xa cambias de modalidade posteriormente.

    Calquera cliente pode acollerse á discriminación horaria, sempre e cando a súa tarifa o permita.

    Se aínda non es cliente, á hora de contratar online, é necesario que indiques o teu desexo de acollerte á discriminación horaria.

    Poderás cambiar de modalidade posteriormente.  Á hora de contratar online, é necesario que contrates na mesma tarifa que tes e xa cambias de modalidade posteriormente. 

  • Que é o CUPS?

    CUPS ou Código Unificado de Punto de Subministración.

    É o código co que as distribuidoras identifican de forma unívoca cada punto de entrega de enerxía (contador de cliente).

    Ten entre 20 e 22 caracteres, onde os dous primeiros representan o indicativo do país: ES no caso de España. É un dato que figura na factura.

    O resto da numeración pertence a referencias que Gas Natural usa para identificarte a ti e os teus servizos. 

  • Como podo facer un cambio de potencia?

    Para efectuar un cambio de potencia na túa subministración, debes realizar unha nova contratación e necesitas que a potencia indicada no formulario de contratación online coincida coa que ten a túa distribuidora.

    Recomendámosche, polo tanto, que primeiro contrates unha potencia e, cando teñas activado o teu contrato, cambies a potencia chamando o teléfono de Atención ao Cliente.  

     

    900 100 251 

  • Hai compromiso de permanencia?

    En todas as nosas tarifas e contratacións só hai 1 ano de permanencia.

    En calquera caso, se dentro dese período queres revisar a túa oferta ou non te convence, ponte en contacto connosco para que o solucionemos.

  • Como podo dar de alta unha nova subministración?

    Dar de alta unha nova subministración é moi doado.

    Tes diferentes medios para dares a alta de gas natural ou electricidade con Gas Natural Servicios SDG.  

    • Chama o teléfono gratuíto 900 28 28 28.

    • Realiza unha contratación online.

    • Pide que un comercial che faga unha visita para informarte e contratar os servizos.  

    Para seguir os pasos, ata ter a alta dunha subministración, podes consultar a sección Altas ou baixas de Electricidade e Gas.

Área Clientes

Aplicación para xestorías  
Unha ferramenta fundamental para xestionar varios clientes e contratos. 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies