Facilidades
de pagamento

As túas próximas facturas cunha cota
fixa cada mes.

 

Plan de Pagamentos Fixos

Pasa 11 meses coa mesma cota
Calculamos a túa cota fixa.

Faremos unha estimación do consumo anual, segundo o consumo histórico da empresa e, cada ano , o revisaremos e adaptaremos.

Cota de regularización.

Na factura do mes 12, calculamos a diferenza entre o importe pagado durante os 11 meses anteriores e o importe total do teu consumo real.

Devolvemos a diferenza.

Se os importes de consumo real son menores aos pagamentos efectuados durante os 11 meses anteriores, devolvémosche a diferenza resultante.   

Fraccionamos os pagamentos. 

Ofrecémosche fraccionar os pagamentos que fai o teu negocio durante os próximos meses. Recorda que necesitas ter os pagamentos domiciliados. 


O máis cómodo para as empresas


Cando a un negocio llo poñen doado, todo é máis cómodo.


Coas facilidades de pagamento que ofrecemos para empresas, as facturas chegan cun prezo fixo mensual durante 11 meses e unha regularización anual a final de ano.

Para calcular o importe da cota fixa de electricidade ou gas , faremos unha estimación do consumo anual, segundo o consumo histórico e o equipamento da empresa. Cada ano a revisaremos para adaptala aos hábitos de consumo.

A cota de regularización é a diferenza entre o importe pagado durante os 11 primeiros meses e o importe total do consumo real a finais do duodécimo mes.

Solicita xa o teu Plan de Pagamentos Fixos



Cómpre ter en conta...


 O Plan de Pagamentos Fixos tamén é aplicable a subministracións de gas natural.

 Para beneficiarte destas vantaxes, debes ter o pagamento domiciliado nunha conta bancaria.

  Pódense acoller a este plan as subministracións de gas natural con tarifas 3.3 e 3.4 e as subministracións de electricidade con tarifas 2.1A e 2.1DHA

Financiamento ao 100%

 

 Financiamos os teus equipos e a instalación sen trámites nin avais.

 Págaos en cómodas cotas xunto ás túas facturas de enerxía ata en 5 anos.



Financiamos a túa caldeira nova


Financiamos o aire acondicionado

Consellos

Como contratar  

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Política de cookies